AFECCIONADOS: NUMANCIA , 3 – GALICIA CARANZA, 0

Víctoria importante dos afeccionados en Prados Vellos ante o Galicia de Caranza nunha tarde soleada e fría....

CATEGORÍA: 2ª AUTONÓMICA

 

RESULTADO: NUMANCIA , 3 – GALICIA CARANZA, 0

 

ALINEACIÓNS:

NUMANCIA : Sergio; Bule –Eloy, m. 81-, César, Alex, Vicente, Fernando –Costa, m.10-; Javi, Teti, Pedro –Dani, m.59 -; Jesús e Rubén –Kiko, m. 86-.

GALICIA CARANZA: Javi, Kike, Óscar, Víctor,Pachi II, Penano, Bubi, Emilio, Fran –Didie, m.80-, Pachi e Álvaro.

ÁRBITROS: Víctor García. Aceptable arbitraxe  do colexiado que, en xeral, estivo acertado na sinalización das faltas. A xogada máis protestada polo Caranza foi o penalti que deu orixe ao primeiro gol dos locais e quizás levasen razón porque a impresión era de xogo perigoso máis que de patada. Amoestou a Bule, Vicente e Rubén polo Numancia, e a Pachi polo Caranza.

 

GOLES:

1 – 0 : Javi, de penalti,  m.30

2 – 0: Bule, m. 65.

3 – 0: Javi, m. 72.

 

COMENTARIO: VITORIA IMPORTANTE

A primeira sorpresa ao comezo do partido foi o sistema táctico utilizado polos pupilos de Juan Alberto, poñendo no céspede o debuxo dun 5 – 3 – 2, que despois do visto esta tarde deu o resultado buscado, aínda que haberá tamén que valorar o rival que tiña enfronte.

Se xa se coñecían as baixas de xogadores como Oli, Jauma, Jose e Borja, aos dez minutos tivo que abandonar o campo o capitán Fernando, deixando un dos onces máis novos dos últimos anos. A xuventude deste equipo é un dos datos a salientar, e hai que estar satisfeitos ao ir comprobando como van adquirindo protagonismo rapaces que hai dúas temporadas estaban xogando nos xuvenís. No partido desta tarde tiveron unha moi boa actuación tres deles: Bule –dono da banda dereita-, Álex –liderou a defensa- e Rubén –por fin, unha actuación desequilibrante-.

Do partido, significar que a primeira parte transcorreu sen grandes xogadas nin ocasións, ata que chegou a xogada do discutido penalti que marcou Javi. Un defensa ferrolán quixo despexar un balón levantando o pé á altura da cara de César, que ía rematar de cabeza, dentro da área.

 Xa na segunda parte, o Caranza seguiu buscando un empate que tivo moi cerca en varias ocasións que non entraron por moi pouco. A sentenza chegou nun contraataque iniciado nun gran pase de Dani a Rubén, quen desborda por velocidade  á defensa e cede o balón a Bule, para que este remate a gol despois dun recorte. Unha bonita xogada que sete minutos máis tarde se repetiu, cando Rubén realiza outra internada e pasa a Javi para que consiga o terceiro gol cun gran disparo desde o borde da área.

 

INCIDENCIAS:  Tarde soleada e fría en Prados Vellos, con menos público do que resulta habitual neste campo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.