AFECCIONADOS. CONVOCATORIA
CATRO BAIXAS PARA A CAPELA.
Unha semana máis, o Numancia afronta un partido con dificultades para completar os dezaseis xogadores.
Juan Alberto recupera para este partido a Sergio, Bule e García, pero perde por sanción a Jose, Julio e Javi, e por lesión a Teti. Lembremos que o adestrador aresán tampouco se poderá sentar no banquiño debido a unha sanción de dous partidos.
A relación completa é a seguinte:
porteiros: Kiko e Sergio.
defensas: Antón, Costa, Bule, Vicente, Pedro e Jauma.
medios: García, Oli, Borja, Dani e Rubén.
dianteiros: Carlos, Manu e Jesús.
Aínda que entran na convocatoria, son dúbidas Manu e Pedro pois arrastran algunhas molestias que lles poden impedir xogar o partido deste domingo no terreo dos Calzados.