AFECCIONADOS. CONVOCATORIA NUMANCIA- SOMOZAS B
REGRESA VICENTE
Para o partido deste domingo, Juan Alberto só pode contar con quince xogadores.
Ares, 27de marzo de 2010
A novidade máis salientable desta convocatoira é a presenza de Vicente, que volve despois dunha ausencia de varias xornadas debido a motivos laborais. No lado negativo, á baixa por sanción de Jauma, hai que sumar os lesionados Pedro e Jose, así como a non convocatoria de Javi Rubio e Sergio, ambos con compromisos de traballo. Por tanto, quedan quince xogadores dispoñibles:
Porteiro: Kiko.
Defensas: Vicente, Antón, Bule, Costa e García.
Medios: Teti, Oli, Borja, Julio, Dani e Rubén.
Dianteiros: Jesús, Carlos e Manu.