AFECCIONADOS. ORTIGUEIRA, 1 - NUMANCIA, 2

 BOA IMAXE DO NUMANCIA
Partido correspondente á vixésimo sexta xornada de liga disputado en San Claudio. Esta tarde o Numancia foi un equipo e todos os xogadores se entregaron a tope.
 Ares, 7 de marzo de 2010
ALINEACIÓNS:
ORTIGUEIRA: Roberto; Ares (Álex, m. 45), Pabliño, Moreno (Marcos, m.71), Armada, Víctor, Camilo, Carlos (Breijo), Chispi, Javi e Alberto.
NUMANCIA: Sergio; Jauma (Dani, m. 71), Pedro (Borja, m.94), García, Antón; Bule, Teti, Oli, Julio (Carlos, m.87); Javi (Rubén, m.83) e Manu.
ÁRBITRO: Alberto Martínez Míguez, auxiliado con dous xuíces de banda. Amoestou a Carlos e Marcos polo Ortigueira e a Pedro, Antón e Javi no Numancia.
GOLES:
0 – 1 (m.3) : Manu (penalti).
0 – 2 (m. 55): Manu (penalti).
1 – 2 (m.87): Chispi.
MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
m. 3: GOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! Non podía comezar mellor este partido. ORTIGUEIRA, 0 – NUMANCIA, 1: Saca Javi o balón desde a defensa, pasa a Julio no medio e este profundiza á banda, desde onde entra Jauma á área e dispara. Para Roberto e o rechace vai outra vez para Jauma que é obxecto de penalti. Lanza Manu e gol.
m. 9: Ataque dos locais con centro desde a banda que dá no traveseiro que finalmente despexa Jauma.
13: Tiro de Julio desde fóra da área, desvía o porteiro ortigueirés e o balón pega no traveseiro e sae a córner.
15: Pase de Julio a Bule que entra na área e dispara. Outra vez Roberto rexeita o disparo e un defensa envía a córner.
22: Córner que saca Julio e remate de Oli de cabeza, desviado.
27: Falta que saca Pabliño e despexe de Sergio a córner.
37: Saque de banda realizado por Jauma, despexa a defensa e o balón chega a Bule que dispara desviado.
42: Balón que chega a Pabliño quen dispara desde fóra da área; o balon sae desviado por moi pouco.
SEGUNDA PARTE
m. 6: Entrada por banda do Ortigueira, balón para o medio e control de Álex; pase ao interior e chega Bule para despexar a córner.
m. 8: Disparo de Carlos un tanto desviado.
m.10: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! SEGUNDO TANTO. 0 – 2. Gran internada de Pedro que finaliza cun centro para Julio; este dispara e para Roberto pero o rexeite volve a Julio que recorta e é derrubado dentro da área. Penalti que transforma Manu.
m. 13: Julio lanza unha falta que sae alta.
m. 17: Falta favorable ao Ortigueira; Javi intenta despexar pero o balón sae para a súa portería; Sergio consegue rexeitar e o balón rebota nun dianteiro ortigueirés pegando no traveseiro; finalmente, saca a defensa.
m. 22: Teti saca unha falta lateral e Oli remata pero un defensa local despexa.
m. 24: Outro pase de Pedro para Julio que mete gol. O árbitro anula este tanto por presumible fóra de xogo.
m. 42:  GOOOOOOOOOOOOOL DO ORTIGUEIRA! 1 – 2 A FALTA DE 3 MINUTOS. Saque de banda para dentro da área numantina e fallo da defensa que aproveita Chispi para fusilar coa zurda.
m. 44: Internada de Breijo pola banda dereita e disparo alto.
m. 49: Falta que saca Pabliño e chapa Sergio.
Máis que aceptable o partido do Numancia e destacar o bo facer de Pedro. Tamén é de resaltar a actitude de Pabliño, xogador do Ortigueira, que lle recriminou a un siareiro do seu equipo o comportamento que estaba tendo no campo. Colaboracións e accións como estas, que veñen dos verdadeiros protagonistas do fútbol, sempre son de agradecer e contribúen a tranquilizar os ánimos, axudando para que todo quede nun xogo, na práctica dun deporte e non na oportunidade para que os afeccionados desafoguen e liberen a tensión de toda a semana nos árbitros ou nos xogadores contrarios. Grazas, Pabliño.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.