AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - R. DE NEDA, 3

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - NEDA, 3. FEBREIRO 2010TRIPLETE DE PEDRITO
Partido correspondente á vixésima segunda xornada de liga disputado en Prados Vellos que rematou coma case sempre, coa incertidume e os nervos dos últimos minutos.

Prados Vellos, 7 de febreiro de 2010

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Teti, Pedro (Oli, m.61), Antón, Vicente (Jauma, m. 75), Borja, Jose (Javi, m. 53), García, Julio, Manu e Pedrito (Jesús, m. 87).
NEDA: Iván, Toñito, Abel, Miguel, Pere (Pin, m. 61), Peña, Pachi (Arturo, m. 78), Rafa (Beni, m.61), Pitu, Graña (Chespi, m. 53) e Álex (Turu, m. 53).

ÁRBITRO: Santiago Graña. Recibiron cartón amarelo nas filas numantinas Vicente, Borja e Jauma; no Neda, Abel e Pachi.

GOLES:
0 – 1 (m. 8): Pere
1 – 1 (m. 14): Pedrito
2 – 1 (m. 28): Pedrito
3 – 1 (m.54): Pedrito
4 – 1 (m. 76): Manu
4  - 2 (m.78): Beni
4 – 3 (m. 88): Abel

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
2: Pase de Pedro a Julio que centra desde o banderín de córner para que remate Jose por riba do traveseiro.
5: Falta lanzada por Miguel desde case o medio campo que sae cerca do poste.
7: Córner a favor do Neda que culmina Pere de tiro alto.
8: GOOOOOOOOOOOOL DO NEDA!. Adiántase o Neda no marcador. Centro de Pitu ao punto de penalti onde Pere, libre de marcaxe, remata de cabeza a gol. Sergio chega a tocar pero o balón cae dentro das redes.
14: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! Empata Pedrito. Fallo no despexe do porteiro nedense; o balón chega a Julilo que centra ao segundo poste onde Pedrito, só, remata de cabeza e introduce o balón pola escuadra.
17: Xogada individual de Peña driblando a tres defensas e culminada cun intento de vaselina que sae excesivamente alta.
23: Balón que colle Pitu no punto de penalti e remate moi alto, saíndo o balón por riba do traveseiro. Está perdoando o Neda.
28: GOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! Outra vez Pedrito. Parede entre Julio e Borja e pase a Pedrito, que de tiro cruzado bate a Iván.
39: Falta que saca Pachi para Pitu quen remata co pé, sacando Sergio a córner.

SEGUNDA PARTE:
2: Tiro de Pachi desde fóra da área e gran parada de Sergio, desviando a córner cando o balón entraba pola escuadra.
8: Excelente pase de Borja a Julio que queda só frente ao porteiro nedense pero non consegue superalo. O seu remate dá no cancerbeiro.
9: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN!. Triplete de Pedrito. Lanzamento longo á área do Neda que non atrapa o porteiro, lixeiramente estorbado por Javi. Pedrito, moi atento, non desaproveita e marca o seu terceiro gol, a porta baleira.
10: Córner que saca o Neda, falla García e Sergio para.
12: Boa saída de Sergio despexando co puño un balón.
22: Intérnase Pedrito na área e sofre un posible penalti.
23: Falta sacada con rapidez e despexe de Sergio a córner.
31: GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! Quedaba o gol de Manu. Magnífico centro de Borja ao que non chega Pedrito pero si Manu, entrando desde a dereita e golpeando perfectamente co interior ás redes.
33: GOOOOOOOOOOOOL DO NEDA! Pase por detrás da liña defensiva aresá que chega a Beni para que marque por baixo.
35: Entrada de Manu por banda. Centra por baixo, o balón chega a Julio que con toda a portería para él, lanza contra un defensa e o balón sae a córner.
43: GOOOOOOOOOOOOL DO NEDA! Faltada sacada desde o lateral da área. Sergio deixa pasar o balón pensando que sae fóra pero un dianteiro do Neda consegue chegar ao balón meténdoo dentro. O esférico pega en Antón e finalmente Abel reduce distancia. Incomprensible. O Numan quere darlle emoción aos últimos minutos.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.