AFECCIONADOS. SAN PABLO, 0 - NUMANCIA, 4

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. SAN PABLO, 0 - NUMANCIA, 4. XANEIRO 2010CLARA VITORIA DO NUMANCIA
Partido correspondente á vixésima primeira xornada de liga disputado na Gándara.

 

A Gándara, 31 de xaneiro de 2010.

Antes de dar comezo o encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio en memoria da nai do adestrador do San Pablo, e de D. Benigno Hermida López "Ramón", directivo da SDR Numancia de Ares, falecidos ambos recentemente. Descansen en paz.

ALINEACIÓNS:
SAN PABLO:David, Alfonso, Roberto, Manu, Kike, Javi Méndez, Moré (Kike Antón, m. 72), Isra, Nene (Javi Díaz, m. 60), Milinko (Pepe, m. 60) e Oskitar.
NUMANCIA: Kiko, Oli, Teti (Bule, m. 75), Antón, Vicente (Costa, m. 78), Borja, Jose (Javi, m. 68), García (Dani, m. 75), Pedrito (Carlos, m. 80), Manu e Julio.
ÁRBITRO: Jaime Cerdido Ramos. Amoestou ao adestrador do San Pablo

GOLES:
0 - 1 (m. 11): Pedrito
0 – 2 (m. 33): Oli
0 - 3 (m. 57): Julio
0 - 4 (m. 70): Pedrito

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
8: Tiro de Pedrito que para David sen problemas.
9: Tiro de Nene desde fóra da área, bombeado e desviado.
10: Centro de Milinko, sen consecuencias.
11: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! Xogada dentro da área que toca Manu para Pedrito, quen controla e dispara raso.
12: Centro de Alfonso desde a liña da portería e remate de Nene, fóra.
13: Córner a favor do San Pablo que remata Moré por riba do traveseiro.
18: Pase a Pedrito que entra na área só e ante a saída do porteiro dispara fóra ao lateral da rede.
24: Amoestación ao adestrador do San Pablo por protestar.
26: Pase de Pedrito a Borja, este mete un pase interior a Julio que tira ao lateral da rede.
28: Falta sacada por Roberto desde o lateral da área. Salto entre Vicente e un dianteiro; o balón chégalle a Nene que tira desviado.
33: GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! Falta sacada por Borja que remata Oli no segundo pao a gol.
35: Falta sacada por Roberto que remata Milinko co pé. Fóra por pouco.
38: Centro por banda de Javi Méndez que remata Alfonso de cabeza. Para Kiko.
41: Tiro de Milinko desde fóra da área, desviado.

SEGUNDA PARTE:
2: Córner sacado por Borja e remata Oli moi desviado.
5: Tiro de Moré, dá nun defensa e gran parada de Kiko.
8: Pase de Moré a Nene, centro e parada de Kiko.
12: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! Pase de Pedrito polo medio da defensa; entra Julio por velocidade e de tiro bate ao porteiro que chega a tocar o balón coa man.
16: Córner que saca Oskitar e remata de cabeza Javi Díaz, desviado.
24: Córner que saca Borja e remate de cabeza de Javi.
25: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! Outro córner sacado por Borja, Oli remata de cabeza á área e Pedrito, tamén de cabeza, remata ao fondo das mallas.
31: Tiro de Alfonso que despexa Kiko co puño.
37: Córner lanzado por Roberto e remate de Javi Díaz de cabeza, alto.
39: FIN DO PARTIDO.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.