AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - VALDOVIÑO, 2

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS.NUMANCIA, 1 - VALDOVIÑO,2FALLARON DOUS PENALTIS
Partido correspondente á undécima xornada de liga co resultado dunha derrota que deixa tocado ao Numancia, máis preto dos postos de descenso que da zona alta.


Prados Vellos, 15 de novembro de 2009
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Iván; Teti, Jauma, Bule (Costa, m.46), Vicente (Julio, m.62); García, Javi, Borja (Pedro, m.46), Jose (Carlos, m. 84); Manu e Pedrito.
VALDOVIÑO: Toni, Julián (Steven, m. 46), Jacobo, Ivi, Bogo, Calderón, Nano (Ángel, m.60), Dopico, Raúl (Méndez, m.72), Sebas e Esteban (Daniel, m. 46).
ÁRBITRO: Alberto Martínez. Amoestou a Vicente, Jose, Borja e Jauma (dous cartóns amarelos e expulsión) polos locais; no Valdoviño viron o cartón amarelo Julián, Ivi, Calderón, Sebas, Ángel e Daniel. Ademais recibiron o cartón vermello Daniel e Dopico.

GOLES:
0 - 1 (m.31): Gol de Sebas. Recolle a pelota ao borde da área e pégalle coa esquerda colocando o balón no fondo das redes.
0 - 2 (m. 34): Gol de Nano. Pase á área, falla Bule no despexe e marca Nano de vaselina.
1 - 2 (m.71): Entra Jose pola banda entrando na área e pasa a Pedrito que entra en carreira e marca..

MINUTO A MINUTO:
1: Tiro de Borja pegado ao pao dereito de Toni.
2: Pase a Raúl por detrás de Vicente que obriga a Iván a saír.
6: Falta perigosa ao borde da área do Numancia. Saca Sebas e pega na barreira. Córner.
13: Balón de Pedro a Manu que tira por riba do traveseiro.
15: Saca un  córner Pedrito e remata alto Javi.
24: Falta directa que saca Borja e Toni desvía a córner.
43: Pase de Javi a Teti que, dentro da área controla e, cando vai disparar, é derrubado. Penalti. Lanza a máxima pena Pedrito fóra, por riba do longueiro.

2ª PARTE
9: Xogada de Raúl pola banda, entra na área moi escorado e o tiro rexéitao Iván a córner.
12: Falta sacada por Jose e remate de cabeza de Javi, en fóra de xogo.
13: Entrada por banda de Sebas que corta Jose a córner.
15: Dispara de Javi que sae polo lateral da portería de Toni.
18: Falta directa que saca Jose. O balón sae fóra, pegado ao poste.
20: Pase de Pedrito a Julio que colle o balón cerca da banda. Realiza xogada e o seu tiro rexéitao a defensa a córner. Saca Jose e remata Pedrito fóra.
24: Córner rematado de cabeza por Teti que, cando entraba a gol, é parado coa man por Daniel. Penalti e expulsión. Nesta ocasión é Jose quen o lanza, raso pero frouxo, e Toni consegue desvialo, nunha boa intervención.
37: Tiro desviado de Julio.
38: Ocasión para Julio nun balón perdido dentro da área do Valdoviño, pero non é capaz de tirar.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.