AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA-ORTIGUEIRA

SDR NUMANCIA. PREVIA NUMANCIA-ORTIGUEIRA. AFECCIONADOS. OUTUBRO 2009OLEGARIO BLANCO: “SEGUIMOS BUSCANDO ADESTRADOR”
Olegario Blanco, presidente e adestrador do Ortigueira atendeu amablemente a nosa chamada e relizou unhas cantas valoracións sobre a temporada.


- Como leva esta dobre faceta de adestrador e presidente?
- Pois a verdade é que non moi ben. É certo que xa non é a primeira vez que o fago por necesidade do equipo, pero  entre a miña profesión e o cargo de presidente xa son horas máis que suficientes. Quero aclarar que seguimos buscando un adestrador e que está resultando unha tarefa difícil. Non é fácil atopalo.
- Respecto á temporada anterior, como quedou a plantilla do Ortigueira?
- Tivemos as baixas de Pedreira, os xemelgos e Josiño e fichamos a Roberto (ex-Maniños), Chispi (do Arteixo) e Carlos (ex-Mandiá).
- A principio de temporada marcáronse o obxectivo do ascenso?
- As nosas pretensións son estar o máis arriba posible e intentar chegar no último terzo da liga nunhas posicións altas que nos permitan loitar polos primeiros postos. Agora ben, o ascenso non hai que velo coma unha obsesión.
- Como ve o partido deste domingo en Prados Vellos?
- Pois como un partido difícil. O Numancia ten uns bons resultados, conta cun bloque compacto que sabe ao que xoga e ten xente rápida arriba que ve portería con facilidade. Este ano estamos nunha liga moi igualada.
- Para este domingo, teñen algunha baixa?
- Si, desgraciadamente non podemos contar con Borjita, lesionado durante o partido contra o Maniños.
- Pode facilitarnos a convocatoria?
- Aínda que non é segura ao cen por cen, podería ser a seguinte: Ángel, Roberto, Pablo, Pabliño, Pablo Reijo, Diego Aneiros, Víctor Armada, Alberto, Víctor Blanco, Simón, Carlos, Javi, Chispi, Álex e Diego Polo.
Agradecemos a atención de Olegario e desexámoslle sorte nesta temporada.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.