AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA - CEBARCA.

SDR NUMANCIA. PREVIA NUMANCIA - CEBARCA. OUTUBRO 2009CARLOS NOVO, ADESTRADOR DO CEBARCA: "ESTAMOS PAGANDO A NOVATADA"

Este venres puxémonos en contacto co adestrador do Cebarca, Carlos Novo, quen nos atendeu amablemente ao remate do último adestramento antes do partido contra o Numancia. En primeiro lugar, o propio Carlos Novo resumiunos o seu currículo: “Levo toda a vida no Cebarca, xogando desde os dezaseis anos nas distintas categorías e adestrando desde alevíns a cadetes. Este é o segundo ano adestrando aos afeccionados”

-                      Carlos, ata o momento, 3 partidos empatados e 4 perdidos, tres deles pola mínima. Que pasou nestes partidos? Que está fallando no equipo?
-                      Pois pódoche comentar que, por ex., contra o Cedeira (partido que empatamos) dominamos todo o partido. Realmente, só dous equipos foron superiores a nós: A Capela e o Maniños. No último partido contra o Mugardos B chegamos ao m. 90 gañando por 3–2. Na prolongación do partido o árbitro engadiu incomprensiblemente dez minutos e o empate do Mugardos produciuse tras un penalti máis que discutible; ademais, o cuarto gol mugardés vén tras unha falta moi dubidosa. Ou sexa, que nestes partidos houbo unhas decisións arbitrais que nos prexudicaron e, tamén hai que dicilo, non estivemos acertados de cara ao gol. Somos un equipo novo na categoría e parece que temos que pagar a novatada.
-                      Tedes unha plantilla compensada e suficiente?
-                      Si, contamos con 23 xogadores entre os que hai veteráns de 30 anos e rapaces menores de 23, mesmo temos un rapaz xuvenil de primeiro ano.
-                      Cóntanos as altas e baixas con respecto á temporada anterior?
-                      Houbo catro baixas moi importantes, catro xogadores que eran titulares indiscutibles e ademais, tres xogaban no medio campo, que tiveron que abandonar por lesións graves: Mara, Jorge, Eloy e Iván. En canto ás altas, incorporamos a Dani Joel (xuvenil de 1º ano), Xelo (procedente do fútbol-sala) e Esteban (do Cañoles).
-                      Que cualidade destacarías do teu equipo?
-                      O traballo e o sacrificio no campo. Todos traballan dunha maneira impresionante.
-                      Entre o Mugardos, Perlío e Maniños, rivais aos que xa vos enfrontastes, cal che pareceu máis forte?
-                      Se teño que valorar o traballo colectivo, o funcionamento como bloque, inclínome polo Perlío, un equipo que nos gañou xogando practicamente todo o partido en inferioridade numérica pero que pelexaron de principio a fin. É certo que contra o Maniños (un equipo que practica un fútbol máis combinativo) perdemos claramente pero teño que dicir que ese día nós non estivemos no campo
-                      Que coñeces do Numancia?
-                      Non moito porque non o vin xogar desde hai dúas temporadas cando nos enfrontamos na copa. Dos xogadores que teñen coñezo a Oli e a Pedrito, contra o que teño xogado en Ares. Agora ben, polos comentarios que se oen, parece ser que teñen unha gran dianteira con Manu e Pedrito. Tamén é certo que encaixa moitos goles.
-                      Un pronóstico para o domingo?
-                      Pon un 2 – 3, seguro que vai ser un partido con moitos goles.
Antes de despedirnos, o propio Carlos, a quen lle agradecemos a colaboración prestada, facilítanos a lista dos xogadores convocados:
Pita e Tino (porteiros); Juan, Oli, Víctor, Jose, Cris, Beni, Daniel Rodríguez, Diego, Suso, Carlos, Esteban Freijo, Esteban, Xelo e Marcos.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.