AFECCIONADOS: NEDA, 2 - NUMANCIA, 3

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NEDA 2 - NUMANCIA 3. 2009/10IMPORTANTE VITORIA

 

 Partido disputado no campo municipal de Neda, correspondente á quinta xornada de liga, que finalizou coa vitoria do Numancia, tres puntos que lle permiten seguir preto dos primeiros postos.

 

 

4 de outubro de 2009.
 
FICHA TÉCNICA:
Neda: Diego; Iván (Julián,m. 69), Miguel (David, m. 69), Abel, David; Francisco (Alejandro, m.57), Alejandro, David Peña, Benito, Daniel (Fernando, m. 68) e Roberto.
 
Numancia: Sergio;Jaime, Fernando, Bule, Vicente; Julio (Jesús, m. 90), García, Teti (Pedro,m. 58), Rubén (Borja, m.64); Manu e Pedrito .
 
Árbitro:Roberto José Landrove Sande.
 
Goles:
0-1 m. 1: Pedrito, desde o centro do campo
1-1 m. 35:
1-2 m. 50: Pedrito de cabeza , finaliza unha combinación entre Fernando e Manu
1 – 3 m. 88: Borja tras xogada de Manu por banda e centro atrás.
2 – 3 m. 90
 

 

 

COMENTARIO:
Gran partido do Numancia ante un bo equipo como o Neda. Adiantouse o equipo aresán na primeira xogada, no saque de centro, Pedrito lanzou un balón que pillou adiantado a un sorprendido gardarredes local. Un golazo.
O dominio do partido tívoo o Numancia, con ataques constantes e control do xogo. Tamén o Neda disfrutou de varias oportunidades de gol, sempre a balón parado. Así se chegou ao descanso con empate a un gol.
Decisiva puido ser a sinalización do penalti a favor do Neda no m. 79 e a expulsión do defensa Bule. Esta foi a xogada clave que desaproveitou o Neda para conseguir o empate. O porteiro visitante, Sergio, neutralizou o lanzamento do penalti e permitiu que o Numancia seguira no partido, ainda que con un xogador menos. Na parte final do partido o terceiro gol numantino sentenciou un partido moi disputado entre dous equipos que a final de temporada estarán nos postos altos da clasificación.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.