PRESENTACIÓN DE MODESTOS DO NUMANCIA

XOVES, 3 DE AGOSTO ÁS 20.00 EN PRADOS VELLOS

Volta á actividade en Prados Vellos este xoves cos xogadores afeccionados do Numancia.

2 de agosto de 2017.

A falta dun mes para o inicio da competición de Segunda Autonómica, o Numancia comezará mañá, xoves 3 de agosto, ás 20.00 h. a preparación para afrontar unha nova temporada coas máximas ilusións. Están convocados uns 25 xogadores afeccionados xunto con 6 rapaces xuvenís sendo Miguel Carballeira e José Antón os responsables técnicos do equipo aresán. Coma en temporadas anteriores o equipo está formado por xogadores canteiráns, continuando a filosofía fixada e recollida nos Estatutos da sociedade, de modo que veremos incorporacións procedentes dos xuvenís xunto a Vicente Allegue, un aresán que retorna despois de varias temporadas militando en equipos da zona, para aportar a súa veteranía a un plantel moi novo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.