Afeccionados. Numancia, 3 - Narahío, 0
Víctoria con goles de Manu, Javi e Vicente para seguir na cabeza da taboa.
Prados Vellos 13/09/09
No encontro disputado na tarde do domingo en Prados Vellos correspondente a segunda xornada de liga en 2ª Autonómica, o equipo local do Numancia de Ares venceu por 3 tantos a 0 ó Narahío. No descanso o resultado parcial era de empate a cero. Debutou o xuvenil Jorge.
Xogaron de saída polo Numancia: Iván, Costa, Bule,Vicente, Jauma, Garcia, Teti, Zeta, Ortega, Julio y Pedrito. Durante o encontro tamén entraron en xogo: Pedro, Javi, Manu e Jorge.
A primeira parte non tivo moita calidade, o xogo foi directo en exceso por ambas partes ten so temos que suliñar un par de ocasión por ambos bandos. Ó remate dos primeiros 45 minutos o resultado seguía sendo o inicial de empate a cero.
Os cambios realizados no descanso, Javi e Manu entraron no equipo local, deron outro aire ó Numancia que comenzou a xogar ó fútbol e a presionar ó rival. Froito de esta melloría no xogo foi o primeiro gol, acadado no minuto 55, no que Costa mete un balón en longo a Pedrito polo banda, este recurta ó seu marcador e pon un centro medido no área que Manu chegando dende atrás pon mediante unha bolea na escadra visitante (1-0).
O gol deu tranquilidade os locais e fixo abrir liñas ó Narahío. Esta nova situación do xogo permitiu ós numantino ter máis ocasións de gol. Así nunha xogada que nace pola banda dereita o balón chega a Costa que case que desde medio campo pon un balón ás costas da defensa visitante para que Javi, de cabeza, poña o 2-0 no marcador.
Poucos minutos despois do segundo gol chegaría o terceiro e definitivo nunha falta no lateral do área sacada por Pedrito e que o porteiro do Narahío e quen de atallar, o balón chega a pes de Vicente que únicamente ten que empurrar ó fondo da rede e poñer así o 3-0 final.