AFECCIONADOS. CEBARCA, 0 - NUMANCIA, 4

MARCOS AMOR: “QUEDA MOITA MARXE DE MELLORA”

Este domingo o Numancia comezou a Liga 2016/17 nun campo sempre difícil como é o do Cebarca, onde obtivo un gran resultado que quizás oculte moitas lagoas no xogo despregado polos aresáns.

 

Ares, 5 de setembro de 2016.

ADR. Numancia de Ares. Aficionados 2016-2017. Cebarca,0 - Numancia, 4. 1ª Fase Liga. 1ª Jornada. Bernardino Breijo - CerdidoNunha tarde calorosa e ante a fiel afección numantina, o Numancia conseguiu a primeira vitoria da temporada vencendo ao Cebarca na primeira xornada desta 1ª fase da Segunda Galicia, grupo A de Ferrol.

A aliñación deste primeiro partido foi esta: Carlos, Álvaro (Álex Marti, m. 77), Antón, Juan (Espi, m. 58), Amenedo (Alberto, m. 32), Elías, Joaquín, Julio, Marcelo, Iván e Roi (Martín, m. 70). Recibiron amoestación: Juan, Alberto e Marcelo.

GOLES:

0 – 1 (m. 44): Joaquín, de tiro desde o borde da área.

0 – 2 (m. 64): Julio, tras unha gran xogada de loita e calidade de Roi.

0 – 3 (m.80): Boa internada de Espi pola banda dereita e centro para que Julio remate de tacón.

0 – 4 (m. 89): O trigoleador Julio, extenuado e xogando de dianteiro centro, remata a faena executando unha vaselina e enviando o balón mansamente ás redes. 

Áo remate do partido, o adestrador do Numancia, Marcos Amor, realizou o seguinte comentario:

“Despois dunha pretemporada chea de moito traballo e con boas sensacións presentabámonos nun campo sempre complicado e diante dun rival sempre correoso.

Empezaba o partido cun tanteo propio de pretemporada aínda que o Cebarca foi mellorando a medida que pasaban os minutos e creaban algunha ocasión, iso si, sen tirar entre os tres paus da portería defendida por Carlos.

Xa cara o final da primeira parte o Numancia foise afacendo ao estado do campo , campo que estaba en perfecto estado pero estaba seco e alta a herba.

No último minuto da primeira parte tras un centro de desde a banda dereita do ataque do Numancia o balón vai ao segundo pau onde Marcelo controla o balón e o deixa ao borde da área por onde entraba Joaquín e cun golpeo axustado ao pau facía o 0-1. Nada máis sacaba o Cebarca do centro xa pitaba o final da primeira metade.

Á volta do descanso o Numancia desde o primeiro minuto fíxose co control do xogo e empezaron a caer as ocasións ao seu favor. Dous man a man de Pivo co porteiro non entraron de milagre.

Seria no minuto 64 cando Roi despois de loitar un balón en banda e despois de varios regates cerca da liña de fondo cede o balón ao punto de penalti onde julio cun tiro cruzado facía o segundo do equipo e primeiro na súa conta.

No min 80 caía o balón á banda dereita do ataque numantino onde estaba Espiñeira e, despois dun bo un contra un, saca un centro ao borde da área pequena e Julio de tacón facendo o 0-3 e segundo da súa conta.

Pero Julio quería o primeiro hat trick da tempada e tras un pase en longo ás costas da defensa do Cebarca e tras a saída do porteiro cunha vaselina facía o definitivo 0-4 .

Gran resultado,pero moita marxe de mellora que esperemos que co paso das xornadas se vaian pulindo , eses detalles que nos poden dar sorpresas se non se corrixen.

Noraboa a todos os xogadores e grazas á afección que sempre está ao noso lado.”

O próximo domingo, ás 17.30 no campo de Prados Vellos teremos ocasión de seguir avaliando este equipo do Numancia, un conxunto xove e inexperto que terá enfronte a un Perlío que tamén é unha incógnita.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.