AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - EUME, 1
UN NUMANCIA COMPETITIVO SUPERA AO EUME
O Numancia fíxose coa vitoria e quedou co trofeo Concello de Ares.
Ares, 25 de agosto de 2016.
Este pasado domingo o equipo de afeccionados do Numancia foi quen de disputarlle o balón a un equipo de Primeira Galicia coma os veciños do Eume ata o punto de rematar o partido coa vitoria local.
A aliñación inicial do Numancia foi a seguinte:
Carlos; Álvaro, Antón, Juan Escudero, Amenedo; Martín, Elías, Dani Espiñeira; Paulo, Ángel e Marcelo. Na segunda parte foron entrando o resto dos xogadores dispoñibles: Dani Gañán, Joaquín, Julio, Iván, Edu, Pita, Alberto e Roi.
E a continuación ofrecemos o comentario do adestrador local, Marcos Amor:
“Foi un partido moi completo o realizado polo equipo numantino. Nos primeiros minutos do partido estabamos a expensas do equipo do Eume aínda que o equipo visitante non tivera máis que a ocasión do gol, aos dez minutos do partido e recibido pola falta de contundencia na nosa defensa que permitiu ao dianteiro eumés acomodar o balón e tirar dende a frontal da área.
O Numancia seguía a estar durmido pero sen recibir ocasións de gol. A partir do min. 25 o noso equipo empezou a presionar e perder o respecto por un equipo de superior categoría. O gol do Numancia marcouno Elías despois dun balón colgado á área que recolle no segundo pau e só tivo que empuxalo nun man a man co porteiro.
O Numancia seguiu xerando ocasiones nesta primeira parte pero sen poder materializalas en gol.
E chegouse ao descanso con empate a un gol no marcador.
Á volta do tempo de lecer o xogo estaba igualado: un Eume tentando facerse con balón e o Numancia ben colocado tacticamente. No min 80 nunha falta a 10 metros do borde da área, Pivo (Iván) tras un formidable lanzamento que se cola pola escadra, consegue o segundo tanto, dándolle a vitoria ao seu equipo.
En definitiva, podo afirmar que o equipo deixou moi boas sensacións”.
Ao final do encontro, Álvaro Casas, o capitán do Numancia, recolleu a copa de campión desta XXIX edición do trofeo “Concello de Ares” de mans do concelleiro de deportes aresán, Geno Fernández.
Galería de imaxes pulsando neste enlace