AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN DO XXIX TORNEO CONCELLO DE ARES.

DOMINGO, 21 DE AGOSTO: NUMANCIA - EUME

Hoxe ás 11h da mañá, na Alcaldía do Concello de Ares, foi presentada a XXIX edición do Trofeo Concello de Ares de futbol afeccionado, que contou coa presenza de directivos do Numancia de Ares, así como do alcalde en funcións, José Eugenio Fernández, xunto co edil José Juan Vilar.

 

Ares, 16 de agosto de 2016.

Despois do partido disputado co Galicia de Mugardos, chega un terceiro encontro para os modestos do Numancia. Neste caso, o rival será un potente Eume que realizou unha extraordinaria campaña na temporada pasada, conseguindo unha terceira posición na liga e o título de campión de Copa de Ferrol.

ADR Numancia de Ares. XXIX Trofeo Concello de Ares 2016. Presentación del Trofeo.

 

A continuación, trasladamos a nota de prensa do concello de Ares:

"O vindeiro domingo, día 21 de agosto, ás 19h en Prados Vellos, terá lugar a XXIX edición do Trofeo de fútbol Concello de Ares, que disputarán as equipas do Eume Deportivo ( Categoría 1ºGalicia) e o Numancia de Ares ADR ( categoría 2º Galicia).

O Numancia de Ares está a dar moi boas sensacións nesta recén comezada pretempada, na que levan traballando dende a primeira semana de agosto, cun plantel moi xove ao que accederon 8 xogadores da equipa xuvenil que quedaron campións de Liga e que xunto con algún veterano e o resto do plantel que xa formaba parte na pasada campaña, tentarán disputar os postos de honra da competición na segunda de Galicia, que lles dea a posibilidade de loitar por un ascenso. A equipa está dirixida un ano máis, e xa van 4 tempadas, por Marcos Amor ao que axudará Cartelle".

 

Ares, 16 de agosto de 2016.

O Concelleiro de Deportes,

 

Asdo. Jose Eugenio Fernández Lago.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.