Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 – PERLIO, 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 – PERLIO, 1.

OBXECTIVO CUMPRIDO

Partido correspondente a 9ª xornada de liga (1ª fase) da 2ª autonómica, grupo A, disputado o domingo 1 de novembro, ás 16:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares), e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descanso o resultado era de 2 – 0.
 

Antes de comezar o partido, o representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, Alejandro Pérez, fixo entrega a Chapu do premio como xogador máis regular do Numancia no mes de outubro.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Cristian, Amenedo, Pepe (C) (Álvaro 46´), Adrián, Paulo, Joaquín, Alex Pita (Manu 46´), Julio (Carlos 89´), Edu (Roi 60´), Borja (Pedrós 77´) e Chapu.

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

PERLIO: Monti, Pali (Marcos 77´), Deive, Gabeiras, Varela, Nacho, Beni (Ibai 58´), Isma (Varo 61´), Rober (C) (Guille 54´), Xavi e Oscar.

Adestrador: Matías F. García Ares.

Delegado: Julián Rico Rilo.

ARBITRO: Víctor M. García Villaverde. Mostrou cartón amarelo ao xogador local Álvaro. Polo equipo visitante viuno Diego. Expulsado Ibai no equipo visitante, con cartón vermello.

GOLES:

1 - 0: CHAPU (min. 41), apertura de Julio á esquerda para Chapu, este encara a un defensa, regatéao abríndose cara ao centro para disparar ao segundo pau.

2 - 0: ALEX PITA (min. 44), balón pelexado por Chapu na banda dereita, apertura ao centro para Edu, este prolonga ao pico da área da banda contraria para a entrada de Alex Pita que sorprende a Monti cun disparo ao primeiro pau.

2 - 1: GABEIRAS (min. 68), libre directo que remata Gabeiras dentro da área pequena, toca Cristian pero non evita que o balón entre na portería.

Tarde asollada e de agradable temperatura a do pasado domingo en Prados Vellos que rexistrou unha boa afluencia de público.

Partido difícil ante un Perlio ben colocado atrás con dúas liñas defensivas moi apertadas ás que os de Ares lles custou moito superar. Deles foron as mellores ocasións nos primeiros instantes, podendo adiantarse nos minutos iniciais tras un roubo de balón de Beni que centra e remata Xavi pero Cristian tras unha gran intervención rexeitada un disparo que sacaba Amenedo da área. Posteriormente volvíao a tentalo Xavi cun disparo desde fóra da área e nova gran intervención de Cristian. Ao cuarto de hora de partido, Edu atopaba un espazo entre liñas para poñer un balón en longo a Borja, pero Monti rexeitaba o disparo do dianteiro local. Repetían xogada os de Ares, nesta ocasión de Boja para Edu, pero este remataba fóra.

Á media hora de partido o Perlio volvía tomar as rendas do xogo e buscando a velocidade de Óscar pola esquerda xeraron dúas boas ocasións que tampouco frutificaron. Á primeira un centro bombeado do propio Óscar que se envelenaba e daba no pau, Joaquín despexaba moi forzado, o balón pegaba no traveseiro e posteriormente Cristian facíase con el. Pouco despois repetía o Perlío xogada pola mesma banda, nesta ocasión o centro de Óscar rematábao Nacho e outra gran intervención de Cristian evitada o gol visitante.

Despois destes minutos de agobio os de Ares volveron retomar a situación e nos minutos finais atoparon os espazos entre a liña defensiva visitante chegando os dous tantos locais. Co resultado de 2 - 0 chegouse ao descanso.

A segunda metade comezaba cun Perlio que saía a pola remontada, avisando nos minutos iniciais cun balón en longo que controlaba Rober, pero non definía no man a man ante Cristian. O conxunto aresán trataba de pechar o partido pero atopábase con problemas para superar a liña defensiva visitante que á súa vez contragolpeaba con balóns en longo. Nun deses balóns conducido por banda por Rober, cun centro posterior, que Xavi en boca de gol incomprensiblemente remataba alto, desaproveitando os visitantes unha clarísima ocasión para acurtar diferenzas. Julio tentábao a balón parado para os de Ares, pero unha boa parada de Monti evitaba o gol. Pouco despois e tamén a balón parado chegaría o gol de Gabeiras para o Perlio e poñer o 2 - 1.

Tras o gol, o Perlio tratou de alcanzar a igualada desaxustándose defensivamente, espazos que aproveitaron os de Ares para tratar de matar o partido. Puido logralo Julio a centro de Manu pero o seu disparo estrelábase no pau. Nos minutos finais nun contragolpe con superioridade numérica, Manu entretíñase co balón desaproveitando os locais outra clara ocasión. Sen tempo para moito máis chegouse ao final do partido co resultado coñecido de 2 - 1.

Con esta vitoria os de Ares, logran a clasificación para xogar no grupo 1 da segunda fase da liga, a falta de disputarse as dúas últimas xornadas. Parabéns.

O próximo domingo 8 de novembro, en partido correspondente á penúltima xornada desta primeira fase de competición, os modestos do Numancia xogarán a domicilio no Misael Prieto ante o Meirás CF, o partido será ás 16:15 h.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 



Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.