AFECCIONADOS. PLAN COMPETICIONAL FERROL 2015-16

PERLÍO, CAPELA, BARALLOBRE E CABANAS, RIVAIS DO NUMANCIA DE AFECCIONADOS NA PRIMEIRA FASE.

O 6 de setembro comezará a primeira fase da liga de afeccionados, coa participación de 23 equipos divididos en 2 grupos.
 
 
Ares, 1 de agosto de 2015.
 
O plan competicional da categoría de afeccionados aprobado é este:
 
1. Competirase por fases sempre que non haxa máis de 24 equipos.
 
2. Formaranse dous grupos para a primeira fase, atendendo á clasificación obtida a temporada anterior, indo os pares para o grupo 1º e os impares para o grupo 2º, xogándose esta fase a unha soa volta.

3. GRUPOS:
 
: MEIRÁS, G. CARANZA, NUMANCIA, PERLÍO, MANDIÁ, CAPELA, SAN SADURNIÑO, ESTRELLA, SOMOZAS "B", BARALLOBRE, XUVENTUDE CABANAS e DEPORTIVO NARÓN.

2º: MANIÑOS, AS PONTES "B", ORTIGUEIRA, NARAHÍO, SAN MATEO, CARIÑO, ROSALÍA, CEBARCA, VALDOVIÑO, MOECHE e MONFERO.

4. Na segunda fase formaranse dous grupos: A e B. Ao grupo A irán os 6 primeiros de cada grupo da primeira fase disputando o título de liga do grupo, así como a praza de ascenso e a praza de promoción.  

5. Ao grupo B irán os seguintes clasificados e xogarán polo título de liga do grupo así como pola orde clasificatoria. 
 
6. Rematada a competición haberá unha orde clasificatoria do 1 ao 23, pois en caso de descensos ou arrastres e, se houber máis de 24 equipos activaríase a 3ª autonómica.

7. A segunda fase comezará o 29 de novembro e rematará o 8 de maio.

8. A continuación comeza a Copa, xogándose unha primeira eliminatoria entre os equipos de afeccionados, sen os de Primeira Autonómica. Realizarase un sorteo puro. A eliminatoria será a un partido único, o 15 de maio.

9. O 22 de maio, tamén a un partido único, celebraranse os oitavos de final, xa cos equipos de Primeira Autonómica.

10. O 29 de maio serán os cuartos de final, a un partido.

11. As semifinais están para o 5 e 12 de xuño.

12. Final de Copa: 28 de xuño, a ser posible na Malata.
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.