AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 – MIÑO, 1.

CON LICENZA PARA SOÑAR

Partido correspondente aos Oitavos de Final - Partido Único da Copa Delegación de Ferrol disputado en Prados Vellos ante unha boa asistencia de espectadores. O resultado no tempo de descanso era de 1 – 1.

 


Ares, 17 de maio de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Martín, Alberto (Álvaro 45´), Antón, Pepe, Teti (C), Adrián (Pedrós 40´), Julio (Paulo 80´), Alex Pita (Fernando 62´), Borja e Chapu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

AD MIÑO: Benito, Sanmartín (Basoa 76´), Semi, Marcos Vázquez, Virutas, Pablo Filgueiras (C), Ramón, Chechu (Bruno 70´), Fornos (Adrián 80´), Chequi (Miguel 59´) e Moreira.

Adestrador: Antonio Vázquez Rendal.

Delegado: José L. González Portela.

COLEXIADO: D. Telmo Pérez Vázquez. Amonestou a Adrián, Alberto e Pedrós no Numancia e Fornos e Pablo Filgueiras no AD Miño.

GOLES:

1 – 0: (ALEX PITA) Gran pase de Chapu á espalda da defensa visitante que recolle Alex Pita para superar a Benito de tiro cruzado (minuto 11).

1 – 1: (CHEQUI) Centro de Chechu dende a parte esquerda da área do Numancia que remata Chequi de cabeza en boca de gol (minuto 29).

2 – 1:(CHAPU) Balón solto que pelexa e recupera Chapu preto da área visitante, intenarse nela dende a esquerda para superar a Benito cun disparo axustado (minuto 48).

 

 



CRÓNICA:

Bonito reto para o Numancia. Buscaba o pase aos Cuartos de Final de Copa ante o campión da Segunda Autonómica o AD Miño nun Prados Vellos que rexistrou unha boa entrada e axudou ao equipo ata o pitido final nunha preciosa tarde primaveral en Ares.

Comezaba o partido co Miño amosando os seus galóns e chegando de maneira tímida á portería local. Pero o Numancia non estaba de paseo, disputaba todos os balóns con intensidade e no minuto 10 Julio avisaba cunha volea que marchaba fora por pouco aproveitando un centro de Alex Pita. Un Alex Pita que xa no minuto 12 aproveitaba unha gran asistencia de Chapu para facer o 1 – 0 e adiantar ao Numancia para xúbilo e ledicia da Marea Vermella. Quedaba moito partido ante xogadores de moita calidade. Respostaba o Miño ao gol do Numancia cun centro perigoso que non atopaba rematador. Posteriormente o colexiado anulaba un gol a Chapu por fora de xogo e de seguido Alex Pita lanzaba un disparo que atallaba Iván. Non durmía o Miño e Fornos lanzaba un disparo que atallaba Carlos. No minuto 30 chegaba o 1 – 1 por medio do gran goleador Chequi que aproveitaba un centro de Chechu. Faltaban 15 minutos para o descanso e o partido estaba aberto e moi emocionante. Nos últimos minutos da primeira metade destacamos duas faltas lanzadas por Fornos sen éxito, un penalti a Alex Pita reclamado pola parroquia local que o colexiado non apreciou como tal e as lesións dos xuvenís Adrían, quen tivo que ser sustituido antes do descanso, e Alberto que xa non saiu na segunda metade. Co resultado de 1 – 1 e as espadas en todo ó alto chegabamos ao intermedio.

Na reanudación cando aínda se anunciaba o número premiado na rifa por megafonía, Moreira poido adiantar ao Miño pero enviaba o balón por alto ante a saída de Carlos. Respondeu rápido o Numancia e no minuto 48 o noso "killer" Chapu aproveitaba un deses balóns que soamente él sabe recoller para facer o 2 – 1 superando a Benito de disparo axustado. Vantaxe para o Numancia e moito por remar na segunda parte. No 55´ Moreira disparaba e o bravo defensor numantino, Álvaro sacaba o balón na línea de gol. Posteiormente Fornos lanzaba duas faltas, unha marchaba alta e na outra o noso gardarredes Carlos Arnoso facía unha das mellores paradas da temporada cando o balón entraba pola escuadra esquerda. Dominaba un Miño volcado pero corrían riscos. Os numantinos aproveitaban o contraataque para facer perigo e no minuto 75 poido sentenciar Julio nunha ocasión na que enviaba o balón ao porteiro de maneira frouxa. No 80´ era Borja o que perdoaba a sentencia nunha acción de un contra un que paraba o porteiro Benito. Tocaba sufrir nos últimos 10 minutos de partido. O Miño volcouse e tivo duas claras ocasións de gol. Pero apareceu o salvador no día de hoxe, o porteiro Carlos para facer duas boas intervencións e dar o pase ao Numancia aos Cuartos de Final da Copa Delegación de Ferrol.

En resumen, gran partido típico de Copa con bo fútbol na primeira metade e con tensión, emoción e incertidume na segunda parte. Bonito espectáculo ofrecido por parte dos dous equipos ao respetable presente en Prados Vellos.

En definitva, enorme partido dos xogadores do Numancia que correron, pelexaron, foron intensos durante todo o partido e anotaron un gol máis que o AD Miño para conseguir dar a sorpresa e triunfar nos Oitavos de Final conseguindo desa maneira a licenza para soñar nunha competición na que queremos chegar o mais lonxe posible.

Paso a paso. O seguinte será o dos Cuartos de Final tamén a partido único e de novo en Ares. O próximo domingo visita Prados Vellos o UDC Narahío. Un equipo de sobras coñecido pola parroquia local, duro, intenso e que virá a Prados Vellos a intentar aproveitar unha ocasión histórica para a citada entidade. Pero nos tamén queremos facer historia e clasificarnos para as semifinais da Copa. Por eso queda convocada a Marea Vermella para o próximo domingo as 17:30 en Prados Vellos para levar ao Numancia en volandas hacia as semifinais copeiras. ¡¡¡Non podes faltar, non debes perderlo¡¡¡

O Numancia somos tod@s

"Ningún camino de flores conduce a la gloria" (Jean de la Fontaine).

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.