AFECCIONADOS. BOA IMPRESIÓN

SDR Numancia de Ares. Afeccionados. Torneo Concello de AresEste domingo disputouse o trofeo "Concello de Ares" no campo de Prados Vellos entre dous equipos que apenas levaban dous días de adestramento, polo que resultaría moi atrevido verquer valoracións sobre as súas posibilidades na vindeira liga.


Podemos comentar que houbo dous partidos: un na primeira parte na que o Numancia dominou e gozou de máis ocasións de gol que o seu rival e na que presentou a seguinte alineación: Sergio; Jose, Álex, Pedro, Fernando; Javi, Borja, Oli; Julio, Manu e Zeta. O resultado destes primeiros 45 m. foi de dous goles favorables aos aresáns, materializados por Borja (de penalti) e Julio.
Salientar a presenza neste primeiro partido das novas fichaxes: Manu e Zeta. A Manu xa o coñeciamos e dicir que parece totalmente recuperado da grave lesión que sufriu hai un ano. De Zeta, destacar o seu fútbol práctico e eficaz, un xogador completo e moi serio no campo.
Os segundos 45 m. presentaron un partido totalmente diferente, con máis imprecisións por parte do Numan e nos que o Meirás conseguiu tres goles e o trofeo para as súas vitrinas. A alineación nesta segunda parte foi: Iván; Redondo, Bule, Costa, Jauma; Teti, Dani, Rubén; Carlos, Jesús, e Rubén Ortega.
Deste equipo hai que significar claramente a súa xuventude, caso de Iván (aínda xuvenil), así coma Carlos e Rubén dous chavales que aportarán competencia e que seguramente gozarán de minutos durante a temporada.
Ao finalizar o partido, o tenente de alcalde, d. Francisco García entregou o trofeo ao capitán do Meirás.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.