AFECCIONADOS. G. MUGARDOS "B", 1 - NUMANCIA, 3.

NON ESTABA MORTO


Partido correspondiente a 9ª xornada da 2ª Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo no campo de herba artificial de A Pedreira ante un gran número de seguidores de ambos equipos.


Mugardos, 9 de novembro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


G. MUGARDOS "B": Marcos (Alex Yañez 8´), David (Vicente 70´), Adán, Juancho, Arturo (Nicolás 64´), Fabio, Xabi, Puchi, Dasilva (Brayan 52´), Jose (C) e Alex Pérez (Adrián Oliveira 47´).


Adestrador: Jesús Sixto Gelpi.


Delegado: Leonardo García Lozano.


NUMANCIA: Carlos, Martín, Antón, Berto, Pepe (Álvaro 66´), Teti (C), Adrián (Juan 58´), Julio (Roque 87´), Marcelo (Paulo 77´), Manu (Amenedo 78´) Ángel.


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy


Delegado: José Ramón Hermida Varela.


COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores. Amoestou a Arturo, Jose e Adán no G. Mugardos "B". Por parte do Numancia foron amonestados Marcos (adestrador), Manu, Berto e Juan.


GOLES:


0 - 1 (TETI) Falta lateral lanzada por Julio ao segundo pau onde Manu asiste de cabeza para que Teti envíe o balón ao fondo das redes mugardesas (minuto 16).


1 - 1 (XABI) Penalti transformado por Xabi (minuto 36).


1 - 2 (JULIO) Combinación entre Manu, Ángel e Julio que transforma este último en gol (minuto 47).


1 - 3 (JULIO) Balón en profundidade ao que non chega Ángel, o porteiro local despexa o balón e Julio moi atento recolle o esférico para batir ao gardarredes mugardés cunha vaselina dende media distancia (minuto 70).


CRÓNICA:


Moita expectación no campo de herba artificial de A Pedreira para ver o primeiro derbi da temporada. Galicia de Mugardos "B" e Numancia medíanse nunha bonita e fresca tarde de outono na que o sol acompañou aos asistentes ao partido durante prácticamente os noventa minutos.


O fútbol comezaba cun partido condicionado polas pequenas dimensións do campo. Como era de agardar o fútbol directo foi o protagonista, as defensas tiveron moito traballo no fútbol aéreo esta tarde. Nos primeiros 10 minutos o mais salientable foi un disparo de Manu ao que respondeu o gardarredes local Marcos cunha gran parada. O propio Marcos mancábase no minuto 8 sendo sustituido polo porteiro xuvenil de primeiro ano, Alex Yañez. Cun equipo local tocado o Numancia dominou a primeira media hora de xogo. Teti conseguía o 0 - 1 no minuto 16 e os xuvenís Marcelo e Ángel ben poideron ampliar a vantaxe nesta primeira metade. Pero non foi así e os últimos 15 minutos da primeira parte foron dos mugardeses que conseguían o 1 - 1 no minuto 36 ao transformar Xabi un riguroso e inocente penalti de Pepe sinalado por Belizón Flores. Con empate e as espadas en todo ó alto chegabamos ao descanso.


Na reanudación Julio consegúia o 1 - 2 no minuto 47. Moi importante adiantarse pero ainda quedaba moito partido por diante. Os mugardeses buscaron o empate con fútbol directo e xogadas de estratexia. Carlos, Berto e Antón inconmensurables durante todo o partido evitaron o gol mugardes. Marcelo, Ángel e Manu tiveron a sentencia en varias xogadas de contraataque. Pero sería Julio o que no minuto 70 anotaba o 1 – 3, que daría certa tranqulidade a masiva parroquia vermella desprazada ata A Pedreira. Nos últimos 20 minutos mais desconto houbo que aguantar o resultado para celebrar co pitido final do colexiado a consecución duns tres puntos moi necesarios e importantes e que aínda enriba como todos os conseguidos nun derbi, teñen un sabor moi especial.


En resumo, disputado, emocionante e vibrante partido o que ofreceron G. Mugardos "B" e Numancia a gran cantidade de público que se desprazou ata A Pedreira. Sen dúbida unha festa do fútbol de Mugardos e de Ares onde o mais salientable foi o gran clima de cordialidade e respeto que se observou tanto dentro como fora do terreo de xogo. ¡¡¡Noraboa a tod@s¡¡¡


En definitiva, un gran partido dun Numancia serio, comprometido, solvente e desta vez tamén concentrado soamente no fútbol. Unha victoria moi importante para un equipo que estaba facendo bos partidos sen ter a sorte de acadar bos resultados. Un gran premio para un Numancia que non estaba morto, estaba de parranda. Deixemos as valoracións para final de temporada e de momento apoiemos domingo tras domingo ao noso equipo. ¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡


Nótanse as recuperacións para a causa dos "veteráns" Antón e Teti. Celebramos tamén que Julio volve a levarse ben co gol como na temporada pasada. O noso querido Carlos e como Iker Casillas, cando sae da portería non sabemos o que pasará.... pero moitas veces deixanos abraiados con paradas tan impresionantes como imposibles. Temos un gran equipo xoven e con moito futuro. Mención especial para os xuvenís Berto, Adrián, Marcelo e Ángel que hoxe consagráronse nunha praza especial e nun partido moi importante. Non e bonito presumir, pero cando disparan hai que defenderse. E temos moito do que presumir e do que estar orgullosos. Presumimos dun Numancia que aínda ten moito que dicir nesta Segunda Autonómica que soamente leva disputadas ¡¡¡9 xornadas¡¡¡ 


Agora veñen dous partidos consecutivos en Prados Vellos ante dous equipos situados na zona baixa da clasificación, o Cebarca e o Narahío. Sen dúbida, con todos os respetos e precaucións debidas son duas boas oportunidades para conseguir a vitoria e subir máis posicións na clasificación. O próximo domingo as 16:15 a Marea Vermella ten unha cita tan importante como a de hoxe en A Pedreira. A cita semanal co noso Numancia, cos nosos rapaces saidos da canteira de ARES que intentarán vencer a UD Cebarca. ¿Quéres axudarlles? Pois vémonos o domingo as 16:15 en Prados Vellos.


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.