2ª AUTONÓMICA. TORNEO “CONCELLO DE ARES”

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Trofeo Concello de Ares. Aficionados. Numancia - Meirás.Este próximo domingo, 2 de agosto, ás 19.00 h. en Prados Vellos, poderemos ver o primeiro partido do Numancia da temporada 2009-10, que contará coa presenza de Manu (procedente do Narón), Pedro (ex-As Pontes) e Óscar Zeta, ademais dos chavales procedentes de xuvenís.

Dispútase o torneo Concello de Ares, organizado polo Numancia en colaboración co concello aresán, nunha nova edición, na que o rival será o equipo do Meirás, un dos favoritos a conseguir o título de campión nesta nova temporada que se reforzou coas fichaxes de Óscar (procedente do Val), Marcos Rubia (Eume) e Diego Aneiros.

Sen dúbida estamos ante un gran partido, entre dúas das mellores plantillas da 2ª autonómica ferrolá.

Durante o descanso actuará a rondalla “Os trovadores” de Ares e ao finalizar o encontro, o sr. alcalde de Ares, d. Julio Iglesias entregará o trofeo ao equipo vencedor.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.