AFECCIONADOS. SAN SADURNIÑO, 2 - NUMANCIA, 1.

DOUS MINUTOS FATÍDICOS


Partido correspondente a 3ª xornada da 2ª Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo no campo de A Piscina ante un gran número de espectadores de ambos equipos.


San Sadurniño, 28 de setembro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


CD SAN SADURNIÑO: Amaro, Alejandro, Alexandre (C) (Fernando 67´), Roupi (Antonio 67´), Álvaro, Aarón, Marco (Germán 77´), Óscar, Saúl (Alberto 57´), David e Iván (David 57´).


Adestrador: Jesús Fajardo Pardo.


Delegado: Marcial Hermida Barro.


NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Berto, Paulo, Pepe, Adrián, Juan (Borja 69´), Julio (C) (Darío 66´), Fernando, Manu e Alex Pita (Roque 78´).


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.


Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.


COLEXIADO: D. Jeisson Aguado Castaño. Amoestou a Iván, Marco, Óscar e David no San Sadurniño. Polo Numancia amoestou a Manu, Julio, Carlos e Paulo. Foron expulsados no Numancia Fernando por dobre cartón amarelo e Borja con cartón vermello directo. Pésima actuación de D. Jeisson, quen desquiciou a propios e extraños coa sua arbitraxe. Moita precipitación a hora de votar man o peto para amosar algunhas tarxetas.


GOLES:


0 - 1 (MANU) Saque de esquina que saca Julio e que Manu remata de cabeza no punto de penalti (minuto 49).


1 - 1 (FERNANDO) Balón colgado a área do Numancia que remata Fernando (minuto 88).


2 - 1 (ALBERTO) Falta lateral botada polos locais que remata Alberto a gol dende o punto de penalti (minuto 89).

 


CRÓNICA:


Un gran número de espectadores de San Sadurniño e Numancia achegaronse ata o campo de A Piscina para desfrutar dunha agradable tarde de domingo co fútbol como protagonista. Sansa e Numan buscaban a primeira vitoria da temporada, algo que conseguiron os locales.


Na primeira metade vimos pouco fútbol. Un partido monótono e sen moito ritmo. O centrocampismo predominaba no terreo de xogo e apenas podemos rescatar un par de ocasións sen excesivo perigo en ambas porterías, sendo a mais destacada un disparo ao travesaño dos locais. O mais salientable do primeiro tempo foi a expulsión do numantino Fernando no minuto 44, o que obrigaría ao Numancia a xogar toda a segunda metade en inferioridade.


Na reanudación chegaba o 0 - 1 para o Numancia. Manu remataba de cabeza a gol un saque de esquina lanzado por Julio. Os numantinos cun home menos adicaronse a defender o resultado. Cun bo traballo defensivo evitaban pasar excesivos apuros en defensa, aínda que os locais chegaban de cando en vez a portería de Carlos. O Numancia buscaba os contraataques e nun deles Borja estivo cerca do gol. Unha pena os últimos 10 minutos de partido onde o nerviosismo e a locura cobraron protagonismo. O Sansa apretaba e chegaba con perigo a portería de Carlos. No minuto 88 chegaba o empate por medio de Fernando. Sen tempo para asimilar o golpe no minuto 89 chegaba o 2 - 1 por medio de Alberto e tamén a expulsión de Borja. Sen tempo para moito mais remataba o pesadelo.


En definitiva, derrota cruel do Numancia en San Sadurniño e tamén cara xa que ademais dos puntos perdemos a dous xogadores por sanción para o próximo compromiso, Fernando e Borja....


O próximo domingo as 17:00 terá lugar a 5ª xornada de Liga onde o Numancia recibirá o ADC Capela en Prados Vellos.


¡¡¡Nos momentos compricados e cando mais hai que traballar e animar¡¡¡ Xuntos iremos cara arriba.


¡¡¡Vémonos TOD@S o domingo as 17:00 en Prados Vellos¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.