AFECCIONADOS. ESTRELLA, 1 - NUMANCIA, 4.

AVANZANDO CON PASO FIRME

Partido correspondiente aos 1/16º da Copa de Ferrolterra disputado no mediodía do domingo no campo de fútbol de A Solana en Santa Cecilia - Narón ante numerosos espectadores de ambos equipo.

 

Santa Cecilia, 18 de maio de 2014

FICHA TÉCNICA:

ESTRELLA: Víctor, Adrián, Javi, Rubén, Jose, Samu (C), Juan, Antonio (Samuel), Brais (Abraham 46´), Carlos e Jaime (Popi 46´).

Adestrador: Jesús Vázquez Cubeiro.

Delegado: Alberto Pena Novo.

NUMANCIA: Putxi, Álvaro, Antón, Rubén, Alex Costa (Martín 70´), Teti (C), Julio, Borja (Alex García 73´), Fernando (Jesús 61´), Manu e Chapu (Javi Rubio 61´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Jeisson Aguado Castaño. Amoestou a Samu e Popi no Estrella. Por parte do Numancia foron amoestados Borja, Rubén e Chapu. Foi expulsado o 2º adestrador do Numancia, Manuel Cartelle.

GOLES:

0 - 1 (BORJA) Saque de banda de Alex Costa colgando o balón a área. O gardarredes local non atrapa o balón e Borja moi atento anota a porta vacía (minuto 10).

0 - 2 (BORJA) Saque de banda de Álvaro sobre Chapu, éste da unha asistencia a Borja quen pon o balón entre o porteiro e o pau corto para facer o segundo (minuto 25).

1 - 2 (ABRAHAM) Saque de falta de Abraham que sorprende a Putxi por alto (minuto 60).

1 - 3 (JAVI RUBIO) Balón que controla Javi Rubio co peito e sen deixala caer lanza unha magnífica volea que bate a Víctor dende 30 metros (minuto 65).

1 - 4 (JULIO) Balón en longo as costas da defensa local que queda rifado entre o porteiro e Julio, o dianteiro aresán logra facerse co balón para marcar a porta valeira (minuto 89).

 

 



Chegaba o Numancia a Santa Cecilia con moitas precaucións e respeto para xogar os 1/16º de final da Copa ante o recién ascendido a 2ª Autonómica, o Estrella CF. O terreo de xogo (estreito e de area) e a hora do partido (12:00) xogaban a favor dos locais, pero os numantinos estiveron concentrados e sacaron adiante a eliminatoria.

Os primeiros minutos do partido foron de tanteo, con ambos equipos buscando sorprender ao adversario. Borja nos minutos 10 e 25 anotaba dous goles moi parecidos, aproveitando dous saques de banda que no campo de A Solana eran como saques de esquina. O resultado de 0 - 2 deulle tranquilidade aos numantinos que chegaron ao descanso sen pasar apuros.

Na segunda metade saían mellor os locais, e no minuto 60 Abraham anotaba o 1 - 2 de libre directo. Por sorte, Javi Rubio pouco despois de entrar no campo anotaba un auténtico golazo para establecer o 1 - 3. No último tramo de partido o equipo local levou bastante perigo en lanzamentos de falta, duas delas estrelaronse no longueira, e de saques de esquina. Houbo que sufrir, pero por sorte no minuto 89 aparecía Julio para liquidar a eliminatoría establecendo o definitivo 1 - 4 aproveitando un balón en largo.

En resumo, partido mais fácil do agardado para os numantinos, grazas tamén a seriedade e bo facer dos xogadores neste partido da sesión vermouth en Santa Cecilia.

A CLAVE: Os dous goles de Borja na primeira media hora que deron moita tranquilidade ao equipo para afrontar o resto do partido.

O MELLOR: A entrega, sacrificio, seriedade e compromiso de todo ó equipo. Non era fácil xogar pola mañá e nun campo de pequeño e de area. Lonxe de desmotivarse ou despistarse, os nosos xogadores estiveron a un bo nivel demostrando que queren loitar pola Copa.

O PEOR: Non hai prácticamente cousas negativas neste encontro. Quizáis a relaxación dos últimos minutos que trouxo consigo algún susto (por dicir algo).

En definitiva, eliminatoria solventada para pasar aos 1/8º de final de Copa. Esta eliminatoria será en Prados Vellos o vindeiro fin de semana ante o CD Cariño que superou na quenda dos penaltis ao ADC Capela. En caso de superarse o choque ante os de Ortegal, a seguinte eliminatoria, a de 1/4º, sería tamén en Ares.

O vindeiro domingo as 17:30 toda a MAREA VERMELLA ten unha cita obrigada co primeiro equipo do Numancia. 1/8º de final de Copa entre Numancia e CD Cariño en Prados Vellos. ¡¡¡En busca dun soño¡¡¡ XUNTOS PODEMOS- ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.