AFECCIONADOS. R. DE NEDA, 2 - NUMANCIA, 0.

AFOGADOS DE FORMA CRUEL

Partido correspondiente a 21ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do sábado no Municipal Juan González de Neda ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Neda, 1 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

R. DE NEDA: Agustín, Óscar, Abel (C), Michel (Beni), Yonathan, Santi (Brais), Alejo, Picu, Unai, Jose (Arturo) e Quillo (Rubén).

Adestrador: José Manuel Yañez Yañez

Delegado: José R. Freire Paz.

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Dani Bule, Antón, Costa, Teti (C), Julio, Jesús (Rula), Fernando (Rubén), Alex Pita (Javi Rubio) e Manu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

COLEXIADO: D. José Luís Corral Franco. Amoestou a Abel, Alejo e Agustín no Neda. Por parte do Numancia viron o cartón amarelo Jesús, Manu, Rula e Javi Rubio.

GOLES:

1 – 0 (ALEJO) Disparo dende tres cuartos de campo de Alejo que Carlos non é capaz de atallar e que se introduce dentro da portería do Numancia (minuto 27).

2 – 0 (ARTURO) Contraataque do Neda. Pase á espalda da defensa numantina que recolle Arturo en posición moi dubidosa para batir a Carlos (minuto 85).

 

 



CRÓNICA:

Rápido de Neda e Numancia medían as suas forzas nunha tarde pasada por auga. A choiva foi a protagonista durante todo o partido, deixando o campo municipal de Neda moi encharcado. A pesares do día bastantes aficionados numantinos desprazáronse ata Neda para animar ó equipo neste importante partido que terminou con derrota dos nosos.

Na primeira metade houbo moita igualdade. Non se podía combinar moito en curto, polo que ambos equipos buscarón outras opcións de ataque. Os locais practicaban un fútbol directo con balóns sobre os seus dianteiros ou ben a espalda dos laterales do Numancia. Os numantinos intentaban xogar algo mais e buscaban en canto podían a velocidade de Alex Pita e Fernando polas bandas. No primeiro tempo houbo algunhas ocasións para ambos equipos; sendo Alejo o único que recibia o premio do gol no minuto 27; sendo o resultado no descanso de 1 – 0 favorable o Rápido de Neda.

No reanudación o Numancia buscaba o empate, pero a falta de ideas e de circulación de balón facilitaba as accións defensivas do Neda. Os numantinos tiveron algunha ocasión para obter ó empate. Os de Neda defendíanse con orde e de cando en vez saían con perigo ó contraataque. Os locais facían o seu partido xa que tiñan vantaxe no marcador. O tempo pasaba e no minuto 85 Arturo anotaba o 2 – 0 para matar o partido. Con este resultado chegouse o final do encontro.

En definitiva, partido con moita igualdade e poucas ocasións de gol. Podería ser xusto un empate, pero no fútbol a xustiza a marcan os goles. Nese aspecto os locais foron capaces de conseguir dous, namentras que o noso equipo non conseguiu ningún.

A CLAVE: A diferencia de acerto na definición nun partido moi pechado. Estos partidos decídense por pequenos detalles que no día de hoxe favoreceron ó Neda.

O MELLOR: A reaparición do xogador do Numancia, Rubén Allegue despois de varios meses de lesión. Tamén a loita de todo o equipo que nunca baixou os brazos e a boa aceptación do equipo dunha dolorosa derrota.

O PEOR: Os desaxustes defensivos do equipo que non foi capaz de volver a manter a portería a cero; estando tamén romos en ataque. O resultado, que distancia ó Numancia das dúas primeiras posicións da clasificación.

O FUTURO: O próximo domingo recibimos o San Mateo. Quizais o premio das dúas primeiras posicións quede moi lonxe (hai que seguir loitando). Pero a 3ª posición que da opción a ocupar o pódium final da 2ª Autonómica está solamente a 1 punto. Hai que loitar por ese obxetivo, valendo tamén esa loita neste último tercio da competición de Liga para chegar con forza a ilusionante Copa da Ría.

O vindeiro domingo as 16:30 todos os numantinos temos unha cita co primeiro equipo. Visita Prados Vellos o último campión da Copa da Ría o San Mateo; un conxunto que ao igual que o noso ocupa unha das posicións do tren perseguidor da cabeza e que loita tamén por quedar nas primeiras posicións. Lembrade, o domingo ás 16:30 vémonos tod@s en Prados Vellos.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.