AFECCIONADOS:COPA DE FERROL. MIÑO, 2 – NUMANCIA, 4

S.D.R. Numancia de Ares. COPA DE FERROL. MIÑO, 2 – NUMANCIA, 4Clasificados para semifinais.

31 de maio de 2009. Xoán.


ALINEACIÓN:

NUMANCIA : Kiko; Bule,, García, César, Jaume; Teti, Borja, Javi; Julio, Oli e Rubén..

 

 

MINUTO A MINUTO:

PRIMEIRA PARTE:

Comeza o partido ás 18.36 h. nunha tarde asfixiante e coa presenza dun importante número de afeccionados aresáns que superan aos locais por goleada.

m.5: Ocasión para o Miño: desde fóra da área, nunha clara posición e co porteiro adiantado, o dianteiro local envía ás mans de Kiko. Puido ser o 1 – 0.

m. 9: Ocasión para o Numancia: Excelente disparo de Javi desde a frontal da área que sae lixeiramente desviado.

m. 13: Lanzamento de falta lateral a favor do Miño que finaliza en córner tras remate de cabeza.

m. 19: Lanzamento directo desde a banda dereita. Borja, coa súa maxistal perna esquerda coloca o balón nas redes locais,superando por alto ao porteiro local.

GOOOOOOOOOOOL DE BORJA! MIÑO, 0 – NUMANCIA, 1


m. 22: Rubén, dentro da área, dispara raso e cruzado. Rexeita o porteiro co pé.

m. 24: Falta directa desde a esquina da área. Boa oportunidade para Borja. Porén, sorprendentemente, Borja saca en curto para Julio que dispara a portería mais rexeita a defensa.

m. 28: Outra ocasión para Javi. Outro bo disparo seu que sae alto.

m. 30: Contraataque do Numancia que pilla a todo o equipo local no campo contrario. Rubén envía en profundidade a Julio que cruza ante a saída do porteiro.

GOOOOOOOOOOOL DE JULIO! MIÑO, 0 – NUMANCIA, 2


m. 33: Balón colgado á área do Numancia. Jaume disputa o balón cun xogador local e o árbitro observa empuxón. Penalti e amoestación para Jaume.

GOOOOOOOOOOOL DO MIÑO! MIÑO, 1 – NUMANCIA, 2


m. 36: Nova ocasión para o Numancia. Rubén só diante do gardameta non encontra portería. O seu disparo sae fóra.

m. 37: Agora foi Julio quen estivo a piques de conseguir o terceiro gol. O seu remate, moi frouxo, foi directo ás mans do porteiro.

m. 38: Oli remata de cabeza fóra. Mágoa de tantas oportunidades desaproveitadas.


FIN DA PRIMEIRA PARTE: Posiblemente a calor reinante non permita ver outro partido. Puidemos chegar ao descanso coa vitoria amarrada pero o penalti sinalado polo árbitro mete ao Miño no partido.


SEGUNDA PARTE:

m. 4: Cartón amarelo para César por falta no medio campo. O disparo envíao Kiko a córner.

m. 6: Rubén disparo moi alto.

m. 7: Primeira amoestación para un xogador local, nesta ocasión por protestar unha decisión arbitral.

m. 10: Julio, desde lonxe, intenta sorprender ao porteiro por alto. O seu disparo acaba en córner.

m. 12: Indecisións na defensa visitante e balón dentro da área que chega ao dianteiro local, quen, cun bonito disparo consegue o empate.

GOOOOOOOOOOOL DO MIÑO! MIÑO, 2 – NUMANCIA, 2



m. 14: Excelente xogada de Javi con varios regates, pegado á liña de fondo. O seu pase atrás non encontra rematador. Xa son moitas as ocasións non materializadas.

m. 28: Non hai maneira. Javi, só diante do porteiro, regálalle o balón enviándoo ás súas mans.

m. 29: Esta vez, si. Como non, ten que ser o capitán, o gran OLI, quen suba o terceiro gol ao marcador, arrancando desde atrás e elevando o balón ante a saída do cancerbeiro local.

GOOOOOOOOOOOL DE OLI! MIÑO, 2 – NUMANCIA, 3


m.30 : Primeira substitución. Entra Pedro por Javi.

m. 31: Pode ser a sentenza do partido. Julio engancha un bo disparo coa esquerda desde o borde da área e o balón chega ás mallas.

GOOOOOOOOOOOL DE JULIO! MIÑO, 2 – NUMANCIA, 4


m. 35: Outro cambio no Numancia. Vaise Julio e entra Jose.

m. 41: Terceira substitución dos visitantes: entra Shuster e retírase Rubén.

m. 42: Clara oportunidade para Oli. Dentro da área dispara alto.

m. 44: Retírase Jaume substituído por Costa.

m. 45: Último cambio: Vicente por Borja.

m. 47: Clarísima oportunidade para Oli quen se permite o luxo de regatear mesmo ao porteiro. Finalmente o seu disparo tropeza nun compañeiro.


FIN DO PARTIDO: Superado o trámite e clasificados para as semifinais da Copa. Felicitar aos xogadores e técnicos por esta vitoria e, como non, agradecer o total apoio da afección vermella. Xa ten mérito desprazarse e acompañar o equipo un domingo veraniego como este, podendo estar dándose un baño na praia. Marabillosa afección que vai ter o seu premio despois de dúas eliminatorias disputadas en campo contrario, e poderá animar en Prados Vellos.


INCIDENCIAS: Partido de cuartos de final disputado a un partido único no campo municipal de Miño. A destacar a alta temperatura cun clima propio do mes de agosto. Unha vez máis, os siareiros numantinos encheron as gradas do campo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.