AFECCIONADOS. SAN MATEO, 2 - NUMANCIA, 2.

UN PUNTO DE CORDURA

Empate a dous tantos do conxunto de afeccionados na súa visita ó campo de Trasancos na tarde do domingo fronte o San Mateo. No descanso o marcador xa era o mesmo con o que remataría o encontro (2-2)

 


ALIÑACIONS

SAN MATEO: Chupa, Julián (Diego 83'), Jorgito, Isra, Jorge Gutiérrez, Turu (c), Javi, Rubo (Roberto 83'), Brunito (Pena 67'), Oskitar e Nene. 

Adestrador: Juan M. López Mourente.

Delegado: Víctor Calvo López.

NUMANCIA: Carlos, Alvaro, Antón, Rubén, Dudi, Alex García, Manu (Chapu 57´), Teti (C), Javi (Costa 76´), Julio (Fernando 65´) e Alex Pita (Jesús 81´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ARBITRO: Daniel Barrera Lourido. Amosoulle cartón amarelo a Turu e ao adestrador do San Mateo, polo Numancia foron amoestados Alex Pita e Jesús.

GOLES: Brunito e Julián para o San Mateo e Julio e Javi para o Numancia.

CRÓNICA:

San Mateo e Numancia, dous equipos da zona media - alta da clasificación medíanse na tarde de domingo. Un chuvasco xusto antes de comezar o partido, daba paso o fútbol e tamén os numerosos espectadores (con gran presencia aresana) deseosos de ver un bonito partido entre dous dos equipos fortes da categoría.Instante do partido San Mateo - Numancia (10/11/2013)

O partido comezou condicionado por un céspede resbaladizo, alto e irregular. Aínda así nos primeiros 25 minutos ambos equipos intentaban combinar, ofrecendo un partido vistoso con chegadas as dúas porterías aínda que sin demasiado perigo. No minuto 28 chegaba o 1 - 0 para o San Mateo por medio de Brunito. Ese gol deixou tocado o Numancia e minutos despois sería Julián o que conseguía o 2 - 0 para os de Trasancos. Cun Numancia tocado e descolocado os de Narón tiveron dúas ocasións para pechar o encontro, pero o porteiro numantino Carlos e a falta de acerto na definición condenaron o San Mateo. Nos últimos minutos da primeira metade resucitou ó Numancia e chegaban dous goles casi consecutivos. O primeiro de Julio de falta directa. O segundo tras unha boa internada de Julio pola banda na que éste asistía a Javi Rubio para que fusilase ó porteiro local para establecer o 2 - 2. Ambos equipos chegaban o tempo de descanso con sensacións opostas; os locais lamentándose de non ter pechado ó partido e os numantinos respirando e celebrando poder seguir vivos no encontro logo de verse con dous goles por baixo.

Na segunda metade xa non vimos tanto fútbol. O que si observamos e moita loita, intensidade e ganas de gañar por parte de ambos contendentes. San Mateo e Numancia alternaban o dominio de balón. Os locais levaban perigo colgando balóns dende as bandas sobre a portería de Carlos; axudados polo alento e presión dos seus escasos pero ruidosos siareiros. O Numancia mantivo a calma e non se deixou amilanar polo ambiente externo.  Tivo dúas ocasións claras o Numancia nos últimos minutos pero  Julio e Chapu non foron capaces de anotar un gol que suporía tres valiosos puntos para ó Numancia. Remataba o encontro con sensacións opostas; os locais respirando e agradecendo os fallos dos numantinos. Os de Ares coa sensación de que se escapaban dous puntos, pero tamén valorando un punto moi importante nun dos campos mais compricados da categoría.

En resumo, gran partido de 2ª Autonómica o que nos ofreceron San Mateo e Numancia. Punto positivo e valioso dos numantinos ante un dos fav
Instante do partido San Mateo - Numancia (10/11/2013)oritos no seu difícil campo de Trasancos. Hoxe destacamos o gran traballo dos xogadores remontando un resultado adverso en pouco tempo (sinal de ilusión e fame), o valiente e gran arbitraxe do xóven colexiado Daniel Barrera (outras veces tamén criticamos, sobretodo cando se perde) e como non.... a impresionante afición numantina; un auténtico luxo para os equipos de 2ª Autonómica que cada 15 días pagan os gastos do partido grazas a Marea Vermella que axuda coas rifas e na cantina. Hoxe préto de 40 persoas acompañaron ó equipo en San Mateo nunha tarde non precisamente primaveral (aínda que tampouco invernal) Este é o camiño.

O vindeiro domingo teremos en Prados Vellos un dos partidos estrela da temporada. Visita Ares o eterno rival, o Galicia de Mugardos "B".  Un derbi no que ambos equipos buscarán a victoria coa ilusión, ímpetu e rivalidade propias dun derbi. Os numantinos necesitan gañar para non descolgarse da zona de cabeza e os mugardeses buscarán a victoria para non verse sorprendidos pola zona baixa da clasificación. ¿Algúen da mais? Comeza unha bonita semana de derbi, que terá o seu cúlmen co partido entre Numancia e Galicia de Mugardos "B" o vindeiro domingo as 16:15 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.