AFECCIONADOS. NUMANCIA, 0 - R. DE NEDA, 2.

CASTIGADOS SIN FÚTBOL

Partido correspondente a 6ª xornada da 2ª Autonómica disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante 300 espectadores.

 

 

 

Ares 3 de novembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Jauma 76´), Dudi, Rubén, Antón (Alex García 56´), Bule (C), Paulo (Amenedo 71´), Fernando (Costa 65´), Julio, Manu e Alex Pita.

Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Jose Antonio Couce Iglesias.

RÁPIDO DE NEDA: Junior (Benito 15´), Oscar, Abel (C), Alejo, Cocheli (Manu 66´), Unai (Andrés 76´), Michel (Arturo 87´), Marcos, Eric, Fran Salazar e Fornos (Santi 33´).

Adestrador: José Manuel Yañez Yañez.

Delegado: José Ramón Freire Paz.

COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores. Boa arbitraxe. Amoestou a Rubén no Numancia. Por parte do Neda foron amonestados Abel, Michel, e José Manuel (adestrador).

GOLES:

0 - 1 (FORNOS) Rubén cede un balón a Carlos que se queda curto. O dianteiro Fornos moi atento aproveita a indecisión numantina para recoller o balón e fusilar a Carlos. (minuto 25).

0 - 2 (COCHELI) Golazo de falta directa dende 30 metros de Cocheli enviando o balón pola escuadra esquerda da portería de Carlos. (minuto 35).

CRÓNICA:

Nunha tarde gris e fría moitos afeccionados do Numancia e do Neda acudían a Prados Vellos a disfrutar dun partido que prometía moito entre dous equipos chamados a estar nos primeiros postos da clasificación. Pero a palabra prometía quedouse en eso, xa que o partido foi resumido unha vez finalizado o mesmo por un dos "vellos do lugar" como "malo de solenmidade".

A.D.R. Numancia de Ares. Julio Escudero ganador del Trofeo Murillo Viteri del mes de Octubre de 2013.Antes de dar comezo o mesmo fíxose entrega do primeiro trofeo Murillo Viteri da temporada ao xogador máis regular do mes de outubro. Neste ocasión o agraciado foi o centrocampista aresán Julio Escudero, a o que dende aquí damoslle os nosos parabéns. Fixo entrega do Trofeo Manel Pérez e Alejandro Pérez representantes da Adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra.

E xa falando do partido, na primeira metade houbo mais interrupcións que fútbol. A boa saida dos dous equipos buscando a portería rival viuse interrumpida no minuto 15 pola lesión do gardameta visitante Junior. Parón e baixada do ritmo do partido. No seu lugar entrou o xogador de campo Benito que tivo unha boa actuación na portería. Centrocampismo, imprecisións e interrupcións mandaban na primeira metade. No medio da mediocridade aparecía Alberto Fornos para aproveitar un regalo numantino e conseguir o 0 - 1 no minuto 25. Nesa mesma xogada mancábase este bo dianteiro do Neda, que poucos minutos máis tarde tiña que ser sustituido, polo que os visitantes perdían tamén o seu home mais determinante. O Numancia lonxe de aproveitar as circunstacias non deu sinais de vida. Si que as daba Cocheli establecendo o 0 - 2 no minuto 35 cun gran lanzamento de falta. Posteriormente Alex Pita lanzaba un pouco desviado o único disparo do Numancia na primeira metade. Chegabamos ó descanso cun 0 - 2, castigados sin fútbol pero con dous goles como amores para os visitantes.

Na segunda metade o Numancia xogou mais directo, buscando sin éxito atopar os seus homes mais adiantados. Un par de ocasións para cada equipo e final do partido co resultado coñecido de 0 - 2. Partido insulso do Numancia, práctico do Neda e premio gordo para os visitantes.

En resumo, mal partido do Numancia que pagou as peaxes das expulsións dos últimos partidos e viuse obrigado a xogar neste partido sin ningún dos seus dianteiros centro; Chapu e Javi Rubio. Notaronse no campo e tamén a falta de ideas en ataque; sendo este o peor partido do noso Numancia no que vai de temporada; espeso, sen chispa.... Un mal día na oficina.

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Numancia de Ares - Rápido de Neda en Prados Vellos.Aproveitamos estas líneas para desexar unha pronta recuperación o xogador do Numancia, Brayan Arizala que sufriu unha lesión a pasada semana que o manterá lonxe dos terreos de xogo durante uns meses. Tamén desexarlle unha boa recuperación a Junior e Alberto Fornos, xogadores do Rápido de Neda mancados no partido de hoxe.

Claro que dentro de un mal día tamén se poden rescatar aspectos positivos. A implicación e sacrificio de todos os xogadores ata ó final pese a que non sairon as cousas. A boa aceptación da derrota sen perder os papeis e vendo soamente un cartón amarelo. A reaparición tras unha longa lesión dun xogador da importancia de Alex García. E como non, tamén a numerosa afición que hoxe volveu a acudir en masa a Prados Vellos para apoiar ó Numancia (aínda que fría como o tempo) a Marea Vermella e sen dúbida unha das mellores (senón a mellor) afición da 2ª Autonómica.

A Marea Vermella e o equipo do Numancia de modestos terán que viaxar a vindeira semana ata San Mateo. Novo partido ante outro dos equipos chamados a estar arriba e actual campión da Copa da Ría. Os dous equipos chegarán feridos logo de sendas derrotas.Estamos seguros que o campo de Trasancos e o escenario perfecto para que o noso Numancia volva a boa senda das vitorias e non perda comba coas posicións mais nobles.

San Mateo - Numancia o vindeiro domingo ás 16:15 no campo de Trasancos en San Mateo. O Numancia somos todos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.