Afeccionados: Rosalía, 2 - Numancia, 2
Coa sorte de costas
O equipo de afeccionados acadou un empate a dous tantos no campo de O Lameiro na súa visita a Vilaboa (Valdoviño) para enfrentarse o Rosalía. Ó descanso chegouse con ventaxe visitante por 0 a 2.
O Lameiro, Vilaboa (Valdoviño), domingo 29 de setembro de 2013
Aliñacións:
Rosalía: Tino, Rubi, Alan (Samu 46'), Jose, Mesi, Rubén (Cuco 65'), Dani (Iván 79'), Adrián López, Miguel, Pito (C) (David 46') e Kon( Esteban 65)
Adestrador: José Carlos Teijeiro Freire.
Delegado; José A. Castro Casal.
Numancia: Carlos, Bule (Amenedo 78'), Álvaro, Dudi, Rubén, Teti (C), Manu, Julio (Paulo 61'), Chapu (Javi 62'), Pita (Cristian 88') e Fernando (Jesús 74').
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
Árbitro: D. José Luis Corral Franco, amosou cartóns amarelos a Pito e David do Rosalía e a Bule, Álvaro e Teti do Numancia.
Goles: Dudi (2) en propia porta para o Rosalía e Rubén e Chapu para o Numancia.
0-1 (30') Rubén: Saque de esquina de Julio dende a dereita do ataque numantino, o balón intenta rematalo Chapu de primeiras quedando o rexeite para Rubén quen anota o primeiro tanto.
0-2 (41') Chapu: Balón en longo sobre Chapu que internase cara a área e trata de picar o balón sobre o meta local, este último toca o esférico e deixao novamente ós pes de Chapu que chuta cruzado a porta valeira.
1-2 (72') Dudi (p.p.): Balón colgado á área pequena que tenta ceder de cabeza Dudi ó seu porteiro, o balón pasa por riba de deste e remata no fondo das redes. Xogada de mala fortuna.
2-2 (89') Dudi (p.p.): Balón que tenta despexar o defensa aresán pero que colle un efecto raro saíndo cara atrás e sorprendendo a Carlos aloxandose novamente nas redes. Se a primeira foi de mala fortuna, esta segunda xa non sabemos como calificala.
Partido dominado polo Numancia na primeira metade, onde os de Ares souberon adaptarse a un campo de cespede natural algo alto. Controlaron ben o xogo e crearon as ocasións máis claras anotando a balón parado o primeiro tanto e nunha finalización de contraataque o segundo. No descanso asemellaba que o encontro non se podía escapar ós de Ares a non ser que se torceran moito as cousas...
E dito e feito, os locais comenzaron a atacar máis e mellor pero sin crear perigo, o perigo seguía sendo dos visitantes que non foron quen de matar o encontro. Pouco a pouco o Rosalía foi encerrando o Numancia con balóns longos e colgados á area que non tiñan excesivo perigo ata que no minuto 72 a desgracia cebouse con Dudi quen anota en propia porta. Ainda así dispuxo de algunha outra ocasión o Numancia pero sen claridade de ideas á hora de finalizar. Os locais seguiron atacando con máis vontade que acerto ata que novamente a fortuna sorriulles para desgracia novamente de Dudi. Con empate a dous ainda dispuxo de un saque de esquina o conxunto local onde o balón pasou pola área sen que ninguen tentara nin rematalo, nin despexalo. Así chegouse ó final con empate a dous tantos.
En resumo, encontro marcado pola mala fortuna da zaga aresana despois de facer un bo primeiro tempo. No segundo máis presionados polos locais sufriron a adversidade de ver como se lles escapaban dous puntos.
Ahora toca animarse e mirar cara adiante para recibir o Cebarca o próximo domingo en Prados Vellos.