AFECCIONADOS.XXVI TROFEO CONCELLO ARES.
G. MUGARDOS B – EUME e NUMANCIA - ORILLAMAR
Esta tarde, a partir das 17.30 veremos dous interesantes partidos en Prados Vellos, con dous equipos de Segunda Autonómica buscando a sorpresa ante rivais de superior categoría.
Ares, 31 de agosto de 2013
Ás cinco e media será o Mugardos B quen intentará sorprender ao equipo eumés, na primeira eliminatoria deste cuadrangular.
Posteriormente, os afeccionados numantinos terán outra oportunidade para ir comprobando as evolucións do Numancia, aínda que Marcos Amor non poderá presentar o equipo completo, pois seguirán faltando xogadores por mor das viaxes e lesións que sofren. A convocatoria para o partido fronte ao Orillamar coruñés é a seguinte:
Porteiros: Carlos e Puchi.
Defensas: Álvaro, Antón, Dudi, Martín, Jesús (xuvenil).
Medios: Teti, Julio, Paulo, Manu, Nando e Adrián (xuvenil).
Dianteiros: Brayan, Chapu e Rubén.