AFECCIONADOS. TRIANGULAR NUMANCIA - CARNOEDO - AS PONTES B

PRESENTACIÓN DIANTE DA AFECCIÓN

Recuperando a xogadores que non puideron participar en anteriores compromisos, este Numancia de afeccionados preséntase ante os seus siareiros cun equipo que pretende ser competitivo na liga 2013-14. Os seus rivais neste triangular serán o C.F. Carnoedo e As Pontes B.
Ares, 24 de agosto de 2013
O adestrador Marcos Amor deu a lista de convocados para os partidos do triangular que se disputará en Prados Vellos, esta tarde. Como se pode observar aínda faltan xogadores que arrastran lesións ou non poden estar por motivos persoais, polo que estes dezaseis xogadores serán reforzados con tres rapaces xuvenís que completarán a seguinte convocatoria:
Porteiros: Carlos Arnoso, Puchi e Cristian.
Defensas: Martín, Antón, Jauma, Dudi e Álvaro.
Medios: Teti, Paulo, Dani Bule, Nando e Manu.
Dianteiros: Pita, Brayan e Rubén.
Quizás o máis salientable sexa a incorporación de tres rapaces procedentes do equipo xuvenil: Cristian, Pita e Brayan (este último xogou a última temporada cedido no Val). Xunto a eles, temos o regreso de Rubén, un dos baluartes nestes primeiros partidos de pretemporada, e tamén a Paulo, que xogara anteriormente nos xuvenís do Eume. 
Así mesmo, será o primeiro partido coma adestrador do primeiro equipo en Prados Vellos para Marcos Amor, que contará coa colaboración de Cartelle na preparación do equipo e tamén de Toni Bardanca coma adestrador de porteiros. Ao seu lado, en tarefas de apoio terán a José Antonio e José Ramón, exercendo funcións de delegado.
Paseniñamente imos recuperando efectivos e non dubidamos en que axiña teremos un equipo competitivo. Lembremos que aínda falta máis dun mes para o comezo da liga e que estes partidos amigables teñen que servir para ir formando ese bloque que debe estar listo no primeiro partido de liga.
Así pois, esta tarde gozaremos dunha boa oportunidade para ir enxergando o Numancia 2013-14 e tamén para coñecer outros dous bos equipos coma o Carnoedo (1ª autonómica) e o As Pontes B.
E dentro dunha semana, máis partidos, pois o sábado 31 e agosto e o domingo 1 de setembro, teremos en Prados Vellos a disputa dun cuadrangular entre o G. Mugardos B, Eume, Orillamar e Numancia.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.