Afeccionados: Pretemporada. R. Neda 3 - Numancia, 0

SUPERVIVENTES

Na tarde do domingo disputouse no campo dos Pinares a final de consolación entre o R. de Neda e o Numancia de Ares enmarcada dentro da xornada de clausura do Trofeo Industriales de Perlio.

 

 

 

Perlio, 18 de agosto de 2013

ALIÑACIONS:

RÁPIDO DE NEDA: Agustín, Óscar, Abel, Manu, Pereira, Unai, Alejo, Brais, Cocheli, Benito e Fornos. Tamén xogaron: Arturo, Michel, Rubén, Fran e Miguel.

Adestrador: Manel Yáñez

NUMANCIA DE ARES: Cristian (Carlos 45'), Darío, Marcelo, Jesús, Rubén(C), Martín (Manu 63'), Fernando (Álvaro 61'), Adrián, Miguelito (Brayan 45'), Ángel (Julio 57') e Diego Pérez (Isi 70').

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel A. Cartelle Permuy.

Delegado: José A. Couce Iglesias.

ÁRBITRO: Brais Gundín Barreiro sin incidencias.

GOLES: Fornos, Unay e Rubén para o R. Neda.

1 - 0: 69' - Fornos. Penalti riguroso sinalado a favor do R. Neda que anota Fornos.

2 - 0: 78' - Unay. Finalizando unha xogada por banda esquerda con pase atrás que roza nun defensa descolocando ó porteiro aresán.

3 - 0: 82' - Rubén. Perda de balón en medio campo do Numancia que chega a pes de Rubén o borde da área dende donde dispara ante a oposición dun defensa i envía o balón preto do pau á dereita do meta Carlos que non chega na súa estirada.

 

 

Con moita calor e humidade saltaron o terrero de xogo de Os Pinares o Numancia e o Rápido de Neda para disputar o terceiro e cuarto posto do Torneo Industriales de Perlío. Por parte do Numancia, saían nada mais e nada menos que 8 xuvenís acompañados polos modestos Carlos, Rubén (un mariscal na sorprendente posición de central) e de Nando. Pois ben, este grupo de xuvenís algúns deles de primeiro ano tutearon nos primeiros 45 minutos o Rápido de Neda ofrecendo ambos equipos un partido moi entretido e con múltiples ocasións de gol nas dúas porterías. A gran actuación do porteiro Agustín nos visitantes e a de Cristian nos aresáns coa axuda dos paus foron as causas de que non houbese goles nesta primeira metade moi igualada. Dentro da igualdade, podemos dicir que o xoven equipo do Numancia que saltou o campo fixo xogadas combinativas de moito mérito que fixeron que por momentos o conxunto nedense estivera á remolque dos numantinos. ¡¡¡HAI CANTERA¡¡¡

Na segunda metade ambos equipos notaron o esforzo físico tanto da primeira parte como do partido xogado ó sabado. Despois duns primeiros minutos insulsos e de moito centrocampismo chegaron os cambios e con eles o baixón físico do Numancia; xa que entraban no campo os xogadores con mais minutos acumulados durante os tres partidos desta semana. Este factor foi aproveitado polo Neda para conseguir tres goles; Fornos de penalti, Unai e Ruben deixaban o marcador definitivo en 3 - 0, un premio excesivo para o Neda e un castigo nada merecido para os bravos xogadores numantinos que loitaron polo escudo nesta tarde calurosa e húmeda de domingo.

En resumo, bo traballo dos 12 xogadores do primeiro equipo que participaron esta semana no partido de Mugardos e nos dous encontros do partido de Perlío fronte o Maniños e o Neda. Salientar o compromiso e traballo de Rubén Allegue, que disputou os tres partidos completos, acumulando 270 en 4 días. Impagable o traballo e a axuda dos moitos xogadores xuvenís que colaboraron co primeiro equipo nos distintos partidos da semana. Moitas veces fálase mal dos rapaces en idade xuvenil; pero no Numancia temos a sorte de contar cun bo grupo de rapaces sans, comprometidos e de boa calidade.

Logo dunha merecida xornada de descanso o luns, o Numancia comezará a semana de adestramentos o martes para preparar a próxima cita que será a presentación ante a fiel afición numantina. O próximo sábado 24 de agosto triangular en Ares entre os equipos do Numancia, As Pontes "B" e Carnoedo (Sada) co seguinte programa:

TRIANGULAR SÁBADO 24 DE AGOSTO - PRADOS VELLOS

17:30 SDR NUMANCIA DE ARES - CD AS PONTES "B"

18:30 CD AS PONTES "B" - CARNOEDO CF

19:30 SDR NUMANCIA DE ARES - CARNOEDO CF

Esperemos que o primeiro equipo numantino recupere efectivos durante esta semana para dar unha boa imaxe na presentación ante a afición numantina en Prados Vellos o próximo sábado. E se non se pode... xa sabedes, ¡¡¡HAI CANTEIRA¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.