AFECCIONADOS: ARRANCA A TEMPORADA 2013-14
Onte a tarde botou a andar o balón en Prados Vellos. O adestrador do primeiro equipo, Marcos Amor, auxiliado por Cartelle, José Antonio Couce e José Ramón estaban citados en Prados Vellos ás 20:30 h. coa plantilla do primero equipo para dar comezó a pretemporada.
Ares, 2 de agosto de 2013.
Na xornada de presentación e de primeira sesión preparatoria estaban presentes os seguintes xogadores: Carlos, Putxi, Cristian, Dudi, Manu, Dani Cagide, Juanra, Alex Pita, Álvaro, Alex Garcia, Paulo, Rubén, Jauma, Chapu, Amenedo, Teti, Isma, Martín, Fernando, Rula, Juanlu, Julio, Antón e Jesús. Non puideron acudir a esta primeira cita por motivos laborais Bule, Javi e Alexmarti.
A xornada comezou cunhas palabras da directiva que deu paso á primeira sesión de adestramento da temporada, unha sesión breve e que serviu para o reencontro despois das vacacións.
Durante a primeira semana os adestramentos serán o martes, xoves e venres estando confirmado xa os primeiros encontros amigables:
O xoves, 15 de agosto, o Numancia visitará o campo de A Pedreira para enfrontarse o Galicia de Mugardos. E o fin de semana do 17 e 18, os de Ares desprazaranse ata Os Pinares para disputar o Torneo de Perlio.