AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - BARALLOBRE, 1.
TRES NOVOS PUNTOS QUE DAN ESPERANZA.
Victoria traballada do Numancia ante un Barallobre que presentou batalla e nalgúns momentos do encontro tivo os de Ares entre as cordas.
Prados Vellos 24 de marzo de 2013.
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Carlos, Antón (Álvaro 78´), Bule (C), Jauma (Borja 63´), Costa, Teti, Manu, Javi Enrique (Adrián 70´), Julio (Fernando 68´), Javi e Martín.
Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
BARALLOBRE: Aarón, Jose (Pena 73´), Rico (Iván 46´), Héctor, Otero, Yáñez, Sergio, Pincho (C), Chingolo (Borja 60´), Dopico e Stupa.
Adestrador: Juan Enrique Anca Pedreras.
Delegado: Víctor Domínguez Cernada.
COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Antón polo Numancia e a Otero, Héctor e Yáñez polo Barallobre.
GOLES: anotaron Julio e Javi (2) para o Numancia e Dopico para o Barallobre.
Partido no que se adiantaban os de Ares aos seis minutos de xogo despois dun disparo bombeado de Julio dende tres cuartos de campo que collen a Aarón adiantado e sorprendeo por alto. Durante a primeira metade os balóns en longo buscado as costas do rival e o centrocampismo foi a tónica xeral. O Barallobre malia ir por detrás no marcador non lle perdeu a cara ao partido e á contra dispuxo de dúas boas ocasións para empatar. A réplica deuna Manu para os de Ares cun remate de cabeza que Yáñez saca baixo os paus. No último cuarto de partido sería o conxunto aresano o que estaría algo máis activo levando perigo á área do Barallobre pero faltaría claridade de ideas na definición. Os primeiros corenta e cinco minutos non darían para moito máis e coa vitoria pola mínima dos de Ares iriámonos ao descanso.
Na segunda metade, e dous minutos despois da reanudación, unha bonita triangulación por banda esquerda entre Javi Enrique e Javi culminaría con gol deste último, o segundo para os de Ares. No minuto cincuenta, e despois dun maxistral lanzamento de libre directo de Dopico dende a frontal, o Barallobre acurtaba distancias. Na xogada seguinte Costa nun man a man non define diante de Aarón, e a réplica daríaa Sergio para o Baralobre cun forte disparo dende a frontal ao que Carlos responde cunha sensacional parada enviando o córner. Deste xeito trepidante comezaba a segunda metade.
O gol deu ánimos aos visitantes que vendo as súas posibilidades pasaron á acción e durante algúns minutos creáronlle moitos problemas ao conxunto aresano que non se daba desembarazado da presión á que o someteu o rival. Tiveron os de Ares uns minutos de descontrol no centro do campo onde varias perdas de balón aproveitadas polo Barallobre comprometeron a meta local. Tamén aproveitarían os visitantes as xogadas a balón parado para levar perigo a porta defendida por Carlos. Pasados eses momentos de apuro o partido volveuse igualar. No minuto sesenta e oito unha man na área de Otero supónlle a o Baralllobre a sanción da pena máxima que Javi se encargaría de transformar no terceiro tanto local. Este gol deixou noqueado a o Barallobre que perdeu a capacidade de reacción ante un Numancia en alza. Nos vinte minutos que restaron de partido serían os locais os que terían o control deste, ante un Barallobre que só a balón parado conseguía achegarse á área local. Os de Ares tiveron duas ou tres ocasións máis para matar definitivamente o partido pero non estiveron acertados. Ao final vitoria do Numancia ante o Barallobre por 3 - 1. Tres puntos que meten de novo aos de Ares na pelexa polas primeiras prazas.
Salientar do partido de hoxe o debut co primeiro equipo do xuvenil Adrián Rodríguez quen tomaba a alternativa de Javi Enrique, un dos xogadores máis veteranos do equipo.