AFECCIONADOS: NUMANCIA, 1 - SAN SADURNIÑO, 0.

VITORIA IN EXTREMIS DO CONXUNTO ARESAN.

Os de Ares despiden o ano cunha importante vitoria pola mínima ante o San Sadurniño despois dun mal partido ofrecido por parte dos dous conxuntos.


Prados Vellos 23 de decembro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Martín (Juanra 82´), Alexmarti, Costa, Antón, Bule, Manu, Teti, Julio (Jauma 72´), García (Álvaro 88´) e Dudi (Fernando 61´).

SAN SADURNIÑO: Amaro, Monti (Óscar 78´), Castillo (Díaz 64´), Rober, Pedreira, Carba, Miguel, Melo, Crueiro (Alberto García 76´), Otero (Michel 61´) e Alberto Carro (Aarón 46´).

COLEXIADO: Manuel Bejarano Estepa.  Amoestou a Fernando polo Numancia e a Alberto Carro, Miguel e Rober polo Sansa.

GOLES: Bule (min. 90).

 

 



Primeira metade soporífera a que nos ofreceron Numancia e San Sadurniño cun xogo carente de sentido e no que ningún dos dous equipos foi quen de darlle un pouco de criterio futbolístico ao partido, abusando dos balóns en longo e pelotazos sen sentido. No minuto vinte e dous Melo desaproveita para o Sansa un penalti enviando o balón fora. Os de Ares non tirarían entre os tres paus ata o minuto trinta e cinco despois dun bo centro de García que Julio remata de volea. No trinta e oito centro de Antón ao que García non acerta a meter a cabeza, e no corenta e cinco, un novo disparo de García que non acerta a meter entre os tres paus sería o que daría de sí esta primeira metade. Con empate a ceros no marcador e caras de somnolencia entre o respectable marcharíamos ao descanso.

A segunda metade sería dominada claramente polo conxunto aresano. Os de Ares tiveron a posesión do balón e o dominio territorial do xogo ante un Sansa que deu a impresión de renunciar ao ataque. Pero malia ese dominio, e a esa posesión, aos de Ares faltoulles mordente e sobre todo gol. Habería que esperar ata o minuto noventa para ver ese ansiado gol da vitoria. Gol precedido dun pase en longo de Costa dende a banda dereita ata a esquerda sobre Manu, quen baixa o balón, regatea ao seu marcador, intérnase na área pegado á liña de fondo e abre o balón ao pico da área pequena para a entrada de Bule quen de disparo raso envía ao fondo da rede.

Con esta vitoria os de Ares sitúanse na quinta posición da táboa clasificatoria, a tres puntos da cabeza, nunha apertada clasificación na que tan só hai catro puntos de diferenza entre o primeiro e o oitavo clasificado.

Quero aproveitar este último comentario do ano 2012 para desexarlle a toda a familia numantina e a tod@s @s seguidor@s desta web, unhas Felices Festa e unha Feliz entrada de ano.

Ata a próxima xornada, Deus mediante, domingo 13 de xaneiro en Prados Vellos !!!NUMANCIA - GALICIA DE MUGARDOS “B"¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.