AFECCIONADOS. ANIMAS, 2 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Animas 2 - Numancia 1. A Gándara 14/10/12.¿ONDE VAI ESE NUMANCIA?

Nova derrota dos de Ares que non acaban de tomarlle o pulso a competición.

 

 

 

 

A Gándara 14 de outubro de 2012.

ALIÑACIONS:

ANIMAS: Iván, Anxo (Rafa Miguel 84´), Iván Balaguer, Sergio, Villalba, Kenneth, Berni (Romero 53´), Casas, Rafa Martínez, Miguel (Morocho 60´) e Popi (Manolo 82´).

NUMANCIA: Carlos, Martín, Antón (Juanlu 80´), García, Costa, Teti, Manu, Julio, Javi, Jaime e Rubén (Fernando 50´).

COLEXIADO: Daniel Calderón Pérez. Amoestou a Iván Balaguer polo Ánimas e a Julio, Rubén e Javi polo Numancia.

GOLES:

Animas: Villalba e Popi.

Numancia: Fernando.

1 – 0: min 62 falta desde o lateral esquerdo da área que Villalba remata de cabeza sen oposición.

1 – 1: min 72 centro de Julio desde o lateral dereito da área que remata Fernando de cabeza tirándose en plancha para empatar o partido.

2 – 1: min 77 logo de dous disparos a porta do Animas que rexeita en primeira instancia Carlos, saca baixo os paus Antón o segundo, finalmente Popi de forte disparo que entra por toda a escuadra marca o gol da vitoria local.

 

 

COMENTARIO: Dous equipos cun nivel parello, ofrecendo poucas xogadas de calidade e deixándonos unha primeira parte gris, con só dúas chegadas a gol. Disputa, pelexa (máis nuns ca noutros) e balóns longos que deixaban entrever demasiadas presas. No medio campo non houbo a pausa necesaria. E sen goles non hai espectáculo.
Na segunda parte, as ocasións de gol alegraron un chisquiño a tarde. Mágoa de que non entrara o balón primeiro nas redes do Ánimas, pois a ocasión foi moi clara e podía cambiar o partido. Non foi así e foron os locais os que acertaron para bater a Carlos. O encontro puido inclinarse para calquera lado e tanto a vitoria local coma a visitante ou mesmo o empate habería que consideralas xustas. O mellor do partido foron os dous primeiros goles, con remates de cabeza espectaculares.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.