AFECCIONADOS. X. CABANAS, 3 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2012-2013. X. Cabanas 3 . Numancia 3. A Veiga 23/09/12REMONTADA DOS LOCAIS E EMPATE FINAL CON SABOR A DERROTA.

Os de Ares déixanse dous puntos en A Veiga e regresan con cara de tontos.


A Veiga (Cabanas) 23 de septembro de 2012.

ALIÑACIONS:

XUVENTUD CABANAS: Edu, Pita (Javi Lourido 71´), Bollo (Rene 67´), Romaus, Pablo, Javier Rico, Ángel, Casal, Freire, Cholo e John (Felipe 59´).

NUMANCIA: Carlos, Alvaro, Dudi, Bule (Nando 79´), Martín, Teti, Manu, Jaime, Rubén, Ortega e Julio (Juanlu 68´).

COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amonestou a Romaus, Javi Rico e Agustín (adestrador) polo Cabanas, e a Bule, Nando e Jaime polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Rubén (min. 18)
0 – 2: Manu (min. 44)
1 – 2: Romaus (min. 53)
1 – 3: Dudi (min. 60)
2 – 3: Javi Lourido min. 73)
3 – 3: Cholo (min. 75)

 

 

Con bo ritmo comezou o partido por parte do Cabanas que tivo a posesión, as ocasións, e acurralou ao Numancia durante os primeiros dez minutos do encontro. A pesar diso sería o conxunto aresán o que faría subir o primeiro tanto ao marcador no minuto 18 ao rematar Rubén de cabeza o balón a saída dun córner. A partir deste momento sería o conxunto aresano o que tomaría a iniciativa do partido e levaría o peso do mesmo ata a finalización da primeira metade. Foron varias as clarísimas ocasións, algunha delas a porta baleira, que os aresanos foron incapaces de materializar e poder irse ao descanso cunha boa renda para matar o partido. Aínda así e antes do descanso un forte disparo lateral de Ortega é rexeitado polo poste, rexeite que aproveita Manu para subir o segundo gol a un minuto do descanso. Finalmente iriámonos aos vestiarios cun parcial de 0 - 2. Escasa renda para os de Ares logo das ocasións marradas.

Antes do comezo da segunda metade o forte chuvasco que calou sobre Cabanas cambiou o estado do terreo de xogo, este volveuse rápido e esvaradízo. Esta circunstancia impediu a chegada dos dianteiros a moitos dos balóns en profundidade que se perdían nas mans dos porteiros. Neste segundo período foi o equipo local o que estivo máis metido no partido, e froito diso acurtaría distancias no minuto 53 por medio de Romaus ao rematar de cabeza un córner. Eran os locais os que creaban máis perigo, pero nunha xogada embarullada na área os de Ares sacan petróleo por medio de Dudi que marca o terceiro a media hora do final. Pero o Numancia, non soubo ler o partido, complicouse a vida atrás, cedeu o centro do campo e continuou desacertado nos metros finais ante un conxunto local que lle botou máis carácter ao encontro. Froito desta mestura de despropósitos e en dous fallos defensivos garrafales dos de Ares, en apenas tres minutos o Cabanas igualou a contenda. O 2 - 3 sería obra de Javi Lourido ao aproveitar, libre de marca, un centro lateral logo dunha perda de balón da zaga aresá. E dous minutos despois un penalti que transforma Cholo suporía o empate a quince minutos do final. A continuación viñeron as présas e nervios dos minutos finais, pero o marcador permanecería inamovible.

En resumo partido pouco vistoso e de moito pelotazo, típico dun campo de reducidas dimensións que apenas deixan espazos para dar movemento ao balón. Ao final do mesmo vitoria moral do conxunto local ante a falta de puntería e desaxustes defensivos dun Numancia que deixou escapar dous puntos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.