AFECCIONADOS. MANDIÁ - NUMANCIA
TORNEO INDUSTRIALES DE PERLÍO
Ás 19.30 h. deste venres, 24 de agosto, o Numancia disputará a eliminatoria previa dun torneo que finalmente queda con tres equipos.
Ares, 24 de agosto de 2012
Durante a tarde de onte, o Perlío comunicaba ao Numancia o cambio de horario deste primeiro partido do torneo así como a imposibilidade de contar cun cuarto equipo para conformar o cuadrangular, unha noticia que prexudicou notablemente á planificación dos adestradores Bardanca e Marcelino pois xa realizaran dúas convocatorias, unha para o venres e outra para o sábado. Con esta información, houbo que efectuar unha nova e única convocatoria para este venres, a expensas do resultado do partido co Mandía.