Afeccionados. Amigable. Numancia, 4 - G.Mugardos, 2

Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2Intensidade e acerto.

O Numancia de afeccionados impúxose ao Galicia de Mugardos por 4 a 2 na tarde do mércores en partido amigable onde a intensidade dos locais dobregou ao equipo de superior categoría.

 

 

Prados Vellos, Ares 15 de Agosto de 2012.

Aliñacións:

Galicia de Mugardos: Presentou dous equipos una en cada parte.
1ª Parte: Javi; Agustín, Jorge García, Joaquín,Jorge Pérez, Berto, Martín, Juan Jesús, Koki, Fran e Óscar.
2ª Parte: Iñaki, Bruno, Esteban, Rouco, Manel, Diego Chis, Pablo, Josiño, Javi García, Suso Peña e David Romero (Leo)
Numancia de Ares: Carlos; Alex Marti (Álvaro), Bule, Dudi, Costa (Fernandito), García, Jlio (Javi Enrique), Teti, Jesús (Jaime), Javi Rubio, Ortega (Manu).

Goles: Javi Rubio (2), Jesús e Ortega para o Numancia. Juan Jesús de penalti e Javi García para o Galicia.

Viron cartolina amarela Javi Rubio do Numancia por protestar e Leo do Galicia por agarrar a un contrario.

Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. SDC Galicia de Mugardos. Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. ADR Numancia de Ares. Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Árbitro y capitanes.

Tarde apracible para disputar e contemplar un partido de rivalidade local cunha boa presenza de afeccionados de ambos os equipos.
Partido de pretemporada entre dous equipos de diferente categoría, onde o de inferior categoría, Numancia, saíu moi motivado ante o de superior categoría,
o Galicia, que se viu sorprendido nos 15 primeiros minutos.
O primeiro tanto chegou aos 5 minutos nunha xogada sen aparente perigo, grazas a un saque de banda que Costa pon dentro da área e Jesús peitea cara a porta elevando o balón por encima da meta do Galicia (1-0).

Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 1-0. Jesús Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 1-0. Jesús Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 1-0. Jesús

O Numancia mostrábase máis metido no partido e os de Mugardos, que saíran algo durmidos, quedaron descolocados despois do primeiro tanto. Cando todo o mundo estaba a esperar a reacción do equipo visitante, un balón en longo gáñao en carreira Javi Rubio que se penetra cara á área e eleva sobre a saída do porteiro, era o minuto 12 e o 2-0 subía ao marcador.
O partido entrou nunha fase onde o Numancia defendíase con orde e presión en medio campo ante un Galicia que trataba de chegar con perigo pero que chegaba sen claridade.
Tan só una contra de Martín que envía a saque de esquiña Carlos, pode considerarse como ocasión clara de gol dos de Mugardos no minuto 26. O Galicia chegaba pero o Numancia defendíase ben, dispuxo de até sete saques de esquina e en ningún conseguiu inquietar a meta local.
O Numancia acazapado saía á contra, e así no minuto 42, Ortega recolle un balón en longo ao bordo da área, desfaise dos seus marcadores e dispara a porta anotando un bonito tanto e deixando o 3-0 no marcador.

Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 2-0. Javi Rubio. Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 3-0. Ortega. Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 3-0. Ortega.


Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 3-1. Juan Jesús de penalty.Cando parecía que se chegaría ao descanso con este resultado, no minuto 45, o Galicia de Mugardos chega á área local e Alex Marti comete penalti sobre Koki. A falta máxima, que case logra atallar Carlos, anótaa para os visitantes o seu capitán, Juan Jesús.
Con 3-1 chégase ao descanso deixando como resumen un Numancia moi intenso e acertado fronte a porta e un G
alicia a medio gas sen efectividade.
A segunda parte presentaba unha cara diferente en principio, os locais parecían notar o esforzo da primeira parte e os visitantes puñan máis argumentos
sobre o campo para demostrar a súa superioridade. Os aresáns aguantaban os ataques do Galicia, pero as ocasións visitantes eran xa máis claras que no primeiro tempo.
O primeiro aviso serio chegaría nun balón desde  banda dereita que, David Romreo, só ante Carlos envía á bancada. No minuto 64, un despexe cara a atrás da defensa numantina, anula toda dúbida sobre a posición de Javi García, que vai cara a porta e bate a Carlos na súa saída. (3-2).
O Galicia de Mugardos buscaba o empate pero os locais empregábanse a fondo en defensa e anulaban as ocasións rivais e buscaban sorprender á contra.
Aficionados. Pretemporada 2012-2013. Amistoso. Prados Vellos. A.D.R. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 2. Jugada del 4-2. Javi Rubio.No 59 Javi Rubio dispón dunha clara ocasión que non acerta a anotar.Acerto que si tería no 83, cunha xogada moi parecida á do seu primeiro tanto, gaña o balón en carreira e eleva sobre a saída do porteiro (4-2).
O Galicia non se deixou ir e buscou o gol, así a continuación do tanto aresán, un disparo visitante sálvao cunha gran parada a meta local Carlos.
Desde aí até o final o Galicia buscaba chegar pero o Numancia seguía a defenderseo ben. Anteriormente, Leo dispuxo dunha clara ocasión nun remate de cabeza, pero atopouse cun moi acertado Carlos.
En resumo un encontro de pretemporada onde a maior motivación dos aresáns fixo que saísen con moita intensidade e cun alto grao de acerto para nivelar as diferenzas que a priori se supoñen entre dous equipos de diferente categoría.

A próxima cita en Prados Vellos será o domingo 19 para ver o choque entre o Racing de Ferrol e o Celta B na XXV edición do trofeo Concello de Ares.

Máis imáxes do encontro no albúm de pretemporada, accede pulsando neste enlace.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.