AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN DO TORNEO CONCELLO DE ARES 2012

NUMANCIA – SANTABALLÉS E PERLÍO - MANIÑOS
O concelleiro aresán de deportes, José Juan Vilar Rico presentou onte na casa consistorial unha nova edición deste clásico torneo de afeccionados, …

 


Ares, 9 de agosto de 2012
… patrocinado polo concello de Ares. Nesta ocasión, por tratarse da 25ª edición, haberá tamén un partido entre o R. Ferrol e o Celta B que se disputará o vindeiro 19 de agosto.
No trofeo de afeccionados participarán o CD Santaballés e o equipo local, o Numancia, ambos de 2ª autonómica, disputando a primeira eliminatoria o sábado, 11 de agosto ás 18.00 h.
A continuación, ás 20.00 h. comezará a segunda semifinal entre os dous equipos de 1ª autonómica de Fene, o Perlío e o Maniños.
O domingo, 12 de agosto, ás 18.00 h. xogarase o partido para o 3º e 4º posto, e ás 20.00 h. terá lugar a final do torneo. Neste último partido, realizará o saque de honor d. Emilio Mesías Farías, autor da letra e música do himno da ADR Numancia, presentado hai uns días.
Finalmente, sinalar que a entrada a todos estes partidos é gratuita.

Torneo Cuadrangular de Fútbol de Verán Ares 2012. Presentacióndel torneo. Torneo Cuadrangular de Fútbol de Verán Ares 2012. Presentacióndel torneo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.