AFECCIONADOS. TORNEO CONCELLO DE ARES. MANIÑOS.

ALTAS: POLO, DANI LÓPEZ, CHAPU, …
Nesy, adestrador do Maniños, aínda ten aberto o plantel, probando xogadores para completar un equipo forte.

 

 


Ares, 9 de agosto de 2012
Ramón Maceiras, presidente do Cultural Maniños desde hai 7 anos, contempla como vai medrando a entidade nestes últimos anos, pois aparte do ascenso a 1ª autonómica, pode presentar un equipo feminino. Nas categorías de base, o Maniños competirá en cadetes, infantís e alevíns, ademais de formar un equipo de biberóns. Todo un éxito dado o escaso número de habitantes da parroquia, nunha entidade que suma uns 150 socios.
Alfredo Fernández, coordinador deportivo, facilítanos a información do equipo de afeccionados que aínda está en proceso de formación:
- Porteiros: Adrián Gómez, Brage y Rodri (sen equipo)
- Defensas: Adri, Santi, Caste, David Álvarez, Iván, Andrés, Marcos Sánchez (a proba) e Rego (a proba)
- Medios: Josimar, Alfonso, Quique, Javi Virutas, Jomaka, Charly, Alex e Diego Polo (FC Ortigueira),
- Dianteiros: Mato, Dieguito, Diego Cañoles, Nebot,  Dani López (Galicia Caranza Juvenil), Chapu (SD Barallobre) e Edu (Sen equipo)
As baixas son: Uxío (CCRD Perlío), Alberto Paz (Sin equipo), Mahía (AD Miño)
Como citamos arriba, o equipo estará dirixido por Andrés Otero (Nesy), que contará coa colaboración de Samuel Martínez (2º adestrador) e de Pedro Sanmartín (delegado).
Os primeiros partidos disputados foron hai unha semana no Torneo de San Salvador de Maniños, onde obtiveron unha derrota por 2 – 0 ante o Mugardos B e unha vitoria por 4 – 1 ante o Numancia.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.