AFECCIONADOS. TORNEO CONCELLO DE ARES. PERLÍO

 PABLO E UXIO, ALTAS NO PERLÍO
O sábado, 11 de agosto, ás 20.00 h en Prados Vellos, teremos a oportunidade de observar o primeiro derbi fenés. O Perlío presentará un once continuísta.

 


Ares, 9 de agosto de 2012
O equipo presidido por Miguel Ángel Lamas Díaz conta un respaldo duns 250 socios e presenta equipos en todas as categorías, desde prebenxamíns. O equipo de afeccionados arranca co obxectivo de conservar, unha temporada máis, a categoría de 1ª autonómica. Matías García, coordinador deportivo, trasládanos a información acerca do primeiro plantel, que continuará adestrando Gonzalo Beceiro:
- Porteiros: Chechu, Sanjuan
- Defensas: Aitor, Álvaro, Chao, Varo, Durán, Varela, Alberto, Iban
- Medios: Bonilla, Ramón, Uxío, Maroño, Nacho, Isma, Pablo, Bender, Marcos.
- Dianteiros: Roberto, Iñaki, Pena,
As novidades, a día de hoxe, para esta temporada son:
Baixas: Santi (A Capela), Kike (retirado), Álex Pita (O val)
Altas: Pablo (SD Barallobre) y Uxío (C. Maniños)
Comentar finalmente que este Perlío chegará máis rodado pois xa tivo que disputar a Copa da Deputación coruñesa, eliminatoria que perdeu aos penaltis, despois de empatar a un gol co Galicia Mugardos.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.