AFECCIONADOS. CALENDARIO COPA DELEGACION DE FERROL.
Unha vez rematada a clasificación dos equipos da 3ª Autonómica, para a Copa “Delegación de Ferrol” de fútbol afeccionado Temporada 2011-2012, xa quedaron completados os emparellamentos que se encontraban pendentes de establecer, co seguinte resultado.
Ares 14 de maio de 2012.
O campionato de copa afeccionado arrancará o día 20 de maio coa disputa dos dezaseisavos de final (a partido único) e dos cales o R. de Neda, Cariño, Cedeira e Rosalía quedaron exentos.
Os oitavos de final disputaranse o 27 de maio, e os cuartos o 3 de xuño, tamén a un só partido. As semifinais disputaranse o 10 e o 17 de xuño a dobre partido. E a final o 23 de xuño.
Para ver o calendario completo de copa da categoría de AFECCIONADOS PICA AQUÍ.