Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - G. CARANZA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - G. CARANZA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Numancia 1 - G. Caranza 1. Prados Vellos 15/01/12.HOUBO QUE ESPERAR ATA O FINAL PARA VER OS GOLES.

Partido no que os de Ares estiveron de novo negados co gol. Finalmente salvaron un punto grazas á colaboración do gardameta visitante.


Ares 15 de xaneiro de 2012.

ALINIACIONES:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Costa, Bule, Cesar (Martín 76´), Teti, García, Manu (Borja 89´), Javi Enrique, Jesús (Iván 73´), Rubén y Carlos Barcia (Juan 83´).

G. CARANZA: Víctor, Rafa, Quillo, Rober, Sergio (Oscar 76´), Israel, Aitor (Fran 78´), Juanillo (Quique 70´), Peli (Adrián 83´), Penano (Chechu 63´) y Oskitar.

COLEXIADO: Juan Carlos Fernández Martínez. Amoestou a Fran (adestrador) polo Numancia e a Oskitar, Penano e Juanillo polo Caranza.

GOLES:
0 – 1: Oskitar (min. 80).
1 – 1: Manu (min. 87).

Tarde desapracible, frío, chuvia durante case todo o partido, e sarabia ocasional, marcaron un encontro ao que restaron algo de público ao que adoita ser habitual en Prados Vellos. Unha forte sarabiada na primeira metade obrigou a suspender o partido durante cinco minutos.

Primeira metade caracterizada polas poucas ocasións de gol e na que o Numancia dispuxo das máis claras, pero unha vez máis os de Ares volven estar desacertados de cara a porta. Comezou con máis intensidade o Caranza, pero pouco a pouco o Numancia foi impoñendo o seu estilo de xogo e créoulle moitos problemas os ferrolanos. Aos quince minutos do seu inicio una xogada polémica dentro da área do Caranza foi moi protestada polos xogadores e público local que pedían un claro penalti que o colexiado non sinala. Sería no minuto 27, cando os de Ares dispoñerían da mellor ocasión para adiantarse no marcador, pero Rubén incompresiblemente envía por enriba do longueiro un balón en boca de gol. Tres minutos despois desta xogada, unha forte sarabiada sobre Prados Velos obriga o colexiado a parar o partido. O xogo estivo detido durante cinco minutos. O parón non afectou ao ritmo de xogo de ningún dos dous equipos que nada máis iniciada a reanudación volveron ao xogo intenso. Volvería ser os de Ares, nesta ocasión por medio de Javi Enrique quen de forte disparo dende fóra da área obriga a Víctor a sacar o balón con moita dificultade. Coa primeira metade prácticamente rematada Juanillo finaliza unha xogada cun disparo frouxo que Carlos detén sen problemas, na que sería a única ocasión de perigo dos visitantes nesta primeira parte. Finalmente con empate a cero no marcador marchariamos aos vestiarios.


A segunda metade comezaba con moi bo ritmo e as primeiras ocasións non tardarían en chegar. Primeiro serían os de Ares cun disparo cruzado de Javi Enrique que se vai lambendo a base do pau. A réplica do Caranza chegaría na xogada seguinte cun forte lanzamento de Oskitar, tamén marcha fóra pegado á cruceta da portaría numantina. As ocasións fóronse sucedendo nunha e outra área. Presaxiábase o gol pero resultaba difícil saber en que portaría caería primeiro. Carlos tería unha boa ocasión nun balón solto, pero o seu forte disparo golpea no corpo dun xogador visitante na mesma liña de gol. Tamén o Caranza por medio de Peli desaproveitaría unha boa oportunidade nun man a man co porteiro local. O xogo era intenso e ningún de dous equipos botaba a toalla. Finalmente sería o equipo ferrolano nun contragolpe por banda dereita, que finaliza cun pase medido a Oskitar no segundo pau, baixa o balón e de media volea bate a Carlos, 0 - 1 cando corría o minuto oitenta. Mazada para os de Ares que se lamentaban das ocasións malogradas. Pero aínda quedaba partido. E a tres minutos do tempo regulamentario un disparo de Manu moi axustado á base do pau que o porteiro visitante deixa pasar, na crenza que o balón marcha fóra, supón o empate para os de Ares, 1 – 1. Un gol pouco vistoso e que colleu a todos por sorpresa, pero que facía xustiza ao equipo aresán. Aínda no tempo engadido os dous equipos loitaron pola vitoria, pero con máis corazón que cabeza, nuns últimos minutos de xogo á desesperada. Finalmente o marcador permanecería inamovible.

Ao final do partido Truji (adestrador do G. Caranza) deunos a súa opinión do partido: Partido bonito, tenso, moi igualado e con poucos goles. Na primeira metade o Numancia fíxonos moito dano coa intensidade do xogo, poñía o balón moi rápido en movemento, sorprendeunos dúas veces, e logo a balón parado e polas bandas meteunos moi debaixo da portaría. Tivemos sorte porque puideron adiantarse en dúas ocasións.

Na segunda parte corriximos cousas, de feito creo que o Numancia chegou en menos ocasións á nosa portaría. Nós tampouco tivemos moitas ocasións claras, pero si tivemos máis disparos a porta, sobre todo ao final do partido. Mesmo antes do gol tivemos unha, pero despois do gol tivemos quizais as dúas máis claras. Logo nunha xogada desafortunada, un disparo sen aparente perigo no que o noso porteiro peca un pouco de exceso de confianza, encaixamos o gol do empate. Un pau para o rapaz, pero que para nada embaza o seu labor no partido de hoxe, posto que tivo unha grande actuación en balóns e disparos moi complicados.

Creo que foi un partido bonito e moi intenso, cun resultado xusto. Calquera dos dous equipos puido gañar, aínda que a vitoria nunca debería ser por unha diferenza de máis dun gol.

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.