Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NARÓN "B", 0 - NUMANCIA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. NARÓN "B", 0 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Narón GRAN PARTIDO DO NUMANCIA FRONTE AO LIDER.
Os de Ares, moito mellor que os locais, bordaron un gran partido e augaronlle a festa ao Narón no seu feudo.


O Cadaval (Piñeiros) 27 de marzo de 2011.

ALINIACIONS:
NARON “B”: Gabeiras, Javi, Adrián, Keita, Colo, Michel, Bruno, Dani Vázquez (Uceira 83´), Oscar, Alex (Suco 46´) e Popi (Monti 72´).

NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa, Vicente (Javi 67´), Zeta, Jaume (Quique 82´), Bule (Teti 72´), Alex, Manu, Jorge e Rubén.

COLEXIADO: D. Fernando Formoso Sánchez, asistido nas bandas por D. Telmo Pérez Vázquez e D. Dimani Delrhlid. Amonestou a Alex do Numancia.

GOLES:
Numancia: Rubén.

 



Partido difícil hoxe para os de Ares no Cadaval. En fronte o líder da categoría, un dos equipos máis regulares desta competitiva liga da 2ª autonómica. Pero os de Ares tiñan claro que non lle ían poñer as cousas doadas aos naroneses. Os de Ares necesitaban unha vitoria como auga de maio, unha vitoria para levantar a moral, e resarcirse do último resultado na casa a pasada semana fronte o Neda. A priori non parecía o mellor partido, pero as estatísticas está claro que están para rompelas.

Saíron os de Ares moi metidos no partido e dende o asubío inicial deixáronlle claro ao Narón ao que viñeran. Os naroneses trataban de saír co balón controlado, xogando a pelota, pero os de Ares premían moi arriba, o que lles propiciaba recuperacións coas que crearon moito perigo de cara a porta. No primeiro cuarto, ben puideron ir por diante os de Ares no marcador, pero as boas intervencións do meta local impediríano. A medida que foron pasando os minutos, os de Ares fóronse asentando mellor no terreo de xogo, o que lles deu moita confianza e termiñaron rematando unha sensacional primeira metade. Mereceu o Numancia irse ao descanso con dous, ou tres goles a o seu favor, pero como diciamos, o porteiro local, e un disparo ao pau, impediríano. Finalmente marcharon aos vestiarios con empate a cero goles, pero cunha moi boa imaxe dos de Ares. Postos a valorálos dariámoslles, un nove, sobre dez, nesta primeira metade.

Na segunda metade o Numancia tivo uns dez ou quince minutos de inicio nos que perderon a intensidade da primeira parte. Os locais meteron unha marcha máis, e tiveron os mellores minutos do partido, creando algunha boa ocasión para adiantarse no marcador. Afortunadamente iso no sucedeu. Pasada esa paréntese, os de Ares volveronse asentar no terreo de xogo e volverían tomar o control do encontro. As ocasións comezaron a chegar de novo, pero non se materializaban, en fronte un sensacional Gabeiras, volvía a desbarataba a maioría delas. Parecía imposible de crér que ningún balón traspasase a liña de gol. De novo outro balón ao pau dos de Ares, era o segundo do partido. O fútbol estaba a ser inxusto cos numantinos, pois tiñan feito meritos máis que de sobra para ir por diante no marcador. Por fin, no minuto 81, chegaría ese ansiado gol para os de Ares. Apareceu de novo a testa de Rubén, quén á saída dun córner envia o esférico ao fondo das mallas. Gran ledicia na afección e no equipo, que á fin vía recompensado o seu grande esforzo. Quedaban dez minutos. Os xovenes xogadores do Narón fixeron todo o posible, para cando menos, empatar o encontro. Pero hoxe era a tarde do Numancia. Os de Ares votaron casta e veteranía, e non tiveron máis que controlar esos dez minutos que restaban de partido para alzarse cunha xusta vitoria. Antes do asubío final tería o Numancia, nas botas de Jorge, outra gran oportunidade para poñerlle a guinda ao pastel, pero non estivo afortunado na súa definición.

En resumo unha gran vitoria dos de Ares. Unha vitoria importante para recuperar a moral de cara as últimas xornadas do campionato. É unha mágoa que non se aproveitaran os puntos que quedaron polo camiño e que nos tivesen permitido estar máis arriba na táboa. Pero xa non hai volta atrás. Agora o máis importante é rematar este campionato na mellor posición posible. Quedan cinco xornadas, recibir ao Barallobre, visitas ao Aspirantes, Mandia e Sansa, para rematar a liga en Prados Vellos fronte ao Ortigueira. En teoría un calendario bastante asequible.

Primeiro envite, ¡¡NUMANCIA – BARALLOBRE!!, próximo domingo en Prados Vellos, ás 17:00 horas, ¡¡OLLO o novo horario!!

Esperamos a toda a MAREA VERMELLA.

Agora máis que nunca.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.