AFECCIONADOS.CONVOCATORIA NUMANCIA - NEDA
VOLVEN JOSE E JAVI
Coas ausencias de Pedro Machado e Antón, o regreso de Jose e Javi axuda para completar esta convocatoria, nun partido que será outra final.
Ares, 18 de marzo de 2011
Outro partido complicado, outra final. O Neda tamén intentará xogar as súas últimas cartas fronte a un Numancia que non pode perder máis puntos. Para esta empresa, Carlos Rodríguez (indultado nesta ocasión pola chegada dun novo presidente á Federación Galega de Fútbol) cita aos seguintes xogadores:
Porteiro: Carlos.
Defensas: Martín, Costa, Vicente, Zeta, Jauma e Bule.
Medios: Álex García, Rubén, Jorge, Teti e Jose
Dianteiros: Manu, Carlitos e Javi.