AFECCIONADOS. NUMANCIA, 0 - MEIRAS, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 0 - Meiras 2. Prados Vellos.GOLES SON AMORES
Partido no que os de Ares no o fixeron mal, ainda que quizais faltou algo de intensidade e algo de sorte de cara a gol.


Prados Vellos 6 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Jauma (Antón 65´), Vicente (Jorge 63´), Zeta, Jose (Javi 46´), Alex, Manu, Pedro Machado (Teti 63´) e Rubén.
MEIRAS: Óscar, Chape, David, Borja, Chipi, Marcos Yañez, Javi, Turo (Fonso 79´), Blanco (Iván 85´), Pitu (Nebot 72´) e Santalla (Eloy 65´).

COLEXIADO: D. Marco A. Calo Sobrado (Delegación de Ferrol). Amonestou a Jose, Manu, Rubén e Javi polo Numancia. Expulsou a David do Meiras por doble cartón amarelo.

GOLES:
Meirás: Pitu e Marcos Yañez.

 



Vixésimo sexta xornada da 2ª Autonómica disputada o pasado domingo de Carnaval nas instalación de Prados Vellos ante 200 espectadores.

Tarde primaveral en Ares, con sol e temperaturas moi agradables. O Carnaval, deixaba o protagonismo o fútbol durante 90 minutos, xa que se enfrentaban en Prados Vellos dous dos equipos da zona media – alta da clasificación, o Numancia e o Meirás.

Antes de dar comezo o encontro Manel Pérez, representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, fixo entrega dun agasallo ao xogador mais regular do mes de febreiro. Neste ocasión o agraciado foi o defensa Zeta. Dende aquí damoslle a nosa noraboa.

Foi un encontro moi aberto. Na primeira metade, o Numancia xogaba con carrileiros, aproveitando ben as bandas para levar perigo a meta contraria. Quizais a pouca profundidade, a precipitación e a falta de acerto nos últimos metros impediron o gol local antes do descanso. Pola contra, o Meirás apostaba por un fútbol mais combinativo, menos directo, tardaba mais en achegarse a portería numantina pero cando o facía era con claras ocasións de gol, nas que por sorte para a parroquia numantina, non o conseguiron. Polo tanto chegamos ó descanso cun bo partido que amosaba un resultado xusto de empate.

Na segunda metade, empezou forte o Numancia e tivo outra vez a opción de adiantarse no marcador, sen acerto. Pouco a pouco o Meirás fixose dono do medio campo e do balón, e un balón por alto ás costas da defensa numantina recolleo Pitu, un dos xogadores con mais calidade da categoría, e de vaselina bate a Carlos conseguindo o 0 - 1 no minuto 50 de xogo. Intentou ó Numancia acadar o empate, pero o Meirás xa estaba moi cómodo no terreo de xogo, e nunha falta que Carlos non atrapa, un Marcos Yañez moi avispado aproveita o rexeite do porteiro aresán e anota o 0 - 2, ante a pasividade e lentitude da defensa numantina. 0 - 2 ós 65 minutos de xogo, a empresa poñíase moi difícil. Non imos dicir que o Numancia non intentou cambiar o resultado, foi a polo empate aínda que ás veces con mais corazón que cabeza. Tivo ocasións claras para facer gol, pero non era o día, últimamente os goles non queren entrar en Prados Vellos, haberá que poñer estampitas nas porterías. Tamén o Meirás poido ampliar a renta en contraataques, pero chegouse o final do encontro co resultado xa coñecido de Numancia 0 – Meirás 2.

En definitiva, non foi un mal partido do Numancia en canto a intensidade e xogo, pero faltou algo mais de pundonor e sobretodo de acerto cara a portería contraria. O Meirás fixo un bo partido, e fixo o mais importante no fútbol, marcar dous goles e gañar o partido. Un duro golpe para ó Numancia, que ve como queda a 7 puntos das primeiras posición, a falta de 8 xornadas para o remate da competición. Queda polo tanto, acabar a Liga da forma mais digna posible, sen rendirse e sen renunciar a nada. Toca seguir desfrutando co noso xoven equipo, seguir apoiando o Numancia e desfrutar destes partidos, tendo sempre en mente que a primavera nos traerá unha competición preciosa como a Copa da Ría. ¡¡¡Todo ó seu tempo¡¡¡

Agora tócanos visitar o próximo domingo as 16:30 o Rosalía de Vilaboa, no marco incomparable do embalse de As Forcadas. Un partido duro, no pequeño e irregular campo de O Lameiro, onde os nosos xogadores esperan traerse ós 3 puntos ante un rival que intentará por todos los medios puntuar para seguir soñando con manter a categoría.

¡¡Vémonos todos en Vilaboa o próximo domingo¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.