AFECCIONADOS. CONVOCATORIA NUMANCIA - MEIRÁS

 ESTE DOMINGO EN PRADOS VELLOS, OUTRA FINAL.

Só un cambio na convocatoria respecto da semana pasada: entra Pedro Machado por Carlitos, sancionado por acumulación de amoestacións.

Ares, 4 de marzo de 2011

Despois da vitoria conseguida en Cariño, habería que sumar outros tres puntos este domingo en Prados Vellos para poder seguir optando aos postos altos da clasificación, pero enfronte encontraremos un difícil adversario que non dará facilidades e porá moi complicada a empresa. Carlos Rodríguez seguirá exprimindo ao reducido número de xogadores que seguen amosando compromiso e responsabilidade e repetirá practicamente a última convocatoria, co cambio obrigado de Carlitos (sancionado) e a incorporación de Pedro, unha vez cumprida a sanción.

A convocatoria completa está formada por:

Porteiro: Carlos 

Defensas: Bule, Costa, Jauma, Vicente, Antón, Zeta e Martín.

Medios: Pedro Machado, Álex, Jose, Rubén, Jorge e Teti.

Dianteiros: Javi e Manu.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.