AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - NARÓN "B", 1.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 1 - Narón EMPATE QUE NON CONTENTOU A NINGUÉN
Partido intenso e moi disputado no que os dous conxuntos loitaron ata a extenuación por acadar os tres puntos.


Ares 21 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Vicente (Rubén 68´), Zeta, Pedro Machado, Jose (Carlos 60´), Alex, Manu, Jorge (Oli 51´) e Javi.

NARÓN “B”: Dani, Suco, Reboredo, Keita, Colo, Michel (Diego 67´), Popi (Julián 60´), Rafa (Adrián 55´), Ícaro, Aarón e Oscar.

COLEXIADO: D. José Priegue Leis (Delegación de Ferrol). Amonestou a Zeta, Alex, Rubén e Carlos do Numancia. E a Keita, Michel, Aarón e Adrián do Narón “B”. Expulsou por doble amarela a Diego e a Gundín (adestrador) do Narón “B”.

GOLES:
Numancia: Javi (48´)
Narón “B”: Icaro (70´)

Duodécima xornada da Liga de 2ª Autonómica que enfrontou a Numancia e Narón “B” en Prados Vellos ante algo mais de 100 espectadores.

Tarde chuviosa e fría na que o partido entre o Numancia e Narón “B” ocupouse de quentar o ambiente. Partidazo entre dous dos equipos chamados a estar o final da tempada na loita polas primeiras prazas da clasificación. Un partido importante, xa que o vencedor achegaríase a zona alta e o perdedor quedaría bastante distanciado. Finalmente empate, que non deixou contento a ningún dos dous equipos.

Foi un partido bonito, disputado, tenso. Un encontro que comezaba moi vistoso, con alternativas e chégadas a área rival por parte dos dous equipos, aínda que sen ocasións de gol excesivamente perigosas. O campo mollado, propiciaba entradas duras, intensidade, loita… unha verdadeira batalla polos 3 puntos. No descanso desa batalla, o resultado era de 0 - 0 pese ó xogo ofensivo de ambos equipos.

Na segunda metade, adiántouse o Numancia no minuto 2 por medio de Javi. Un córner executado maxistralmente por Jorge e rematado por Javi o fondo das mallas da portería visitante. 1 - 0 no marcador favorable ó Numancia, e toda a segunda metade por disputar.
Un segundo tempo foi moi parecido o anterior. Tras o gol numantino, foi o Narón a polo empate, correndo riscos que o Numancia aproveitaba o contragolpe. Tiveron sorte os visitantes, xa que un disparo lonxano Carlos non consegue atallar un balón que sae rexeitado, recolleo Ícaro e bate o porteiro local. 1 - 1 os 25 minutos da segunda metade.

O último tramo do partido estivo marcado pola intensidade. Ciclón ofensivo do Numancia que os visitantes paraban cunha defensa férrea onde destacou o seu xogador Keita e con entradas duras onde o veterán colexiado Priegue Leis quizáis non estivo todo o estricto que debera, deixando en cartóns amárelos dúas entradas que puxeron en risco a integridade física dos xogadores numantinos. Ó seu favor, dicir que foi un partido moi compricado de arbitrar, xa que os xogadores e adestradores de ámbolos dous equipos non axudaron en nada o colexiado. Como diciamos, o ciclón ofensivo final do Numancia non tivo premio, tampouco os contragolpes do Narón polo que o partido finalizou no medio da tensión e da emoción co xusto resultado de Numancia 1 - Naron “B” 1.

En definitiva, un moi bo partido, con bo fútbol, intensidade, tensión, emoción. Un premio para os valentes afeccionados que se achegaron a Prados Vellos. Un empate que non lles vale para moito ós dous equipos, que os deixa empatados a 20 puntos, a 5 do 2º clasificado que xogará a promoción do ascenso e a 6 do líder da competición, o CD Cariño.

En canto ó Numancia, boa imaxe a ofrecida neste encontro. Ningúen pode dubidar da entrega e sacrificio de todos ós xogadores neste encontro. Non houbo sorte para conseguir ós 3 puntos ante un bo rival, que como dicimos, será a bo seguro outro dos que loiten polas primeiras prazas nestas competición.

O vindeiro partido para o Numancia será en Barallobre ante un equipo local que vai de mais a menos nesta competición, pero que de seguro porá as cousas moi difíciles ó Numancia no seu feudo.

Polo tanto, no próximo partido o Numancia necesita a presencia e o ánimo de toda a fiel parroquia numantina.

¡¡Vémonos o próximo fin de semana no campo de O Ramo en Barallobre¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Para ver a crónica da WEB no Narón Balompé PICA AQUÍ.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.