AFECCIONADOS. MEIRAS, 1 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Meirás 1 . Numancia 2. Misael Prieto 31/10/10.VITORIA MOI TRABALLADA
Nóvena xornada da liga de 2ª Autonómica onde o Numancia conseguiu 3 valiosos puntos no compricado terreo de xogo do Misael Prieto, ante 100 espectadores, cunha nutrida presencia numantina nas bancadas.


Meirás, 31 de outubro do 2010.

ALINIACIÓNS:
Meirás: Marcos Díaz (Marcos Rodríguez 46´), Capi, Chipi, Borja, Vidal, Fonso (Eloy 46´), Blanco (Berto 78´), Javi, Nebot (Chapi 65´), Turu, Eric (Santalla 74´).

Numancia: Iván, Bule, Costa, Pedro Machado, Zeta, Borja (Vicente 63´), Jose (Antón 73´), Oli, Manu, Rubén (Carlos 81´), Jorge (Javi 46´).

COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Borja e Blanco polo Meirás, e a Oli e Iván polo Numancia. Expulsou por doble amarela a Eloy do Meirás.

GOLES:
Meirás: Capi.
Numancia: Manu (2).

Afrontaba o Numancia unha sáida compricada a Meirás, ante un equipo que viña de menos a mais na competición. Nun domingo con choiva e vento, o terreo de xogo presentábase mollado e brando, o que dificultaba o xogo combinativo e a estabilidade dos participantes no partido.

Un partido no que o Numancia xogou dunha maneira bastante ofensiva, apostando polo fútbol de toque dentro das limitacións do campo, e unha defensa bastante adiantada. Dominio do Numancia na primeira metade, que viase reflexado no minuto 35 co 0 - 1 obra de Manu de cabeza, tras un bo centro de Oli. Ese fútbol de ataque facía que o Numancia correse riscos, xa que o Meirás aproveitaba a velocidade dos seus dianteiros para facer perigosos contragolpes. Un deses contragolpes remata nun centro a área numantina que a defensa non e quen de despexar, o balón cae morto no segundo pau e aproveitao Capi, libre de marca, para rematar a gol establecendo o 1 - 1 ós 43 minutos de xogo.

Na reanudación, seguía a mesma tónica do encontro, co Numancia indo a polo partido arriscando bastante, aínda que sen sorte no último pase. Pero unha boa xogada individual de Javi que remata cun precioso pase interior deste xogador ó goleador do equipo Manu, e convertido por este último en gol conseguindo o 1 - 2 ós 13 minutos da reanudación. Tivo a oportunidade de sentenciar o partido o Numancia pero non o conseguiu. Iso provocou ós últimos 10 minutos de sufrimento. No tramo final do encontro, o Meirás asediu a portería numantina, tendo varias ocasións claras de empatar o encontro, pero por sorte para os de Ares, non foron quen de conseguilo, quedando o marcador no xa coñecido 1 - 2 favorable o Numancia.

En definitiva, bo partido do Numancia ante un rival compricado no seu campo. Moito traballo, moita entrega por parte dos xogadores e por momentos bo fútbol. Positiva tamén a reaparición neste partido dun dos xogadores de mais calidade da 2ª Autonómica, Borja Carballo. Victoria importante para ós nosos, e 3 puntos que enganchan outra vez ó Numancia os postos altos da competición.

Mención aparte para a fiel aficción numantina, que por mais que chova e ventee acompaña o equipo a onde faga falta. Hoxe volveron contentos a Ares vendo a entrega dos xogadores que tiveron o premio da vitoria.

O vindeiro domingo visítanos o Rosalía de Vilaboa. Un rival que virá coas ideas moi claras a Ares e que seguramente intentará dificultar todo o posible o xogo ofensivo numantino. Necesitará o Numancia o apoio da fiel aficción neste partido, para conseguir outra victoria.

¡¡¡Vémonos todos o próximo domingo as 16:15 en Prados Vellos animando o Numancia¡¡¡. Ollo o cambio de horario, ás 16:15 h.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.