AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - CARIÑO, 3.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 1 - Cariño 3. Prados Vellos 24/10/10.DERROTA ANTE UN GRAN EQUIPO.
Oitava xornada da 2ª Autonómica onde o Numancia non poido puntuar ante un bo CD Cariño que se coloca líder, en partido disputado nos Prados Vellos ante 200 espectadores, algúns deles do club visitante.

Ares 24 de outubro do 2010

ALINIACIÓNS:
Numancia: Carlos, Bule (Martín min. 77), Jaume, Vicen, Antón, Rubén (Pedro min. 77), Jose (Carlos min. 61), Oli, Manu, Jorge e Javi (Costa min. 67).

Cariño: Raúl, Tara, Adán (Manuel min. 78), Aneiros, Will, Roberto, Perlero, Nilis, Adrián (Boli min. 69), Damián (Kevin min. 85) e Jonan.

COLEXIADO: D. Fernando Formoso Sánchez (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Vicen, Jose e Pedro polo Numancia, e Adrián polo Cariño. Expulsou por doble amarela a Jaume do Numancia e a Manuel do Cariño.

GOLES:
Numancia: Oli.
Cariño: Damián, Nilis e Adrián.

 



Tarde de domingo con nubes que amenazaban choiva e boa temperatura. Bastante expectación para ver un partido entre dous equipos que estaban nos postos altos da clasificación e que apostan por un fútbol ofensivo. Non defraudou o encontró, que dende o primeiro minuto caracterizouse polo fútbol de ataque. Non había un dominador claro, pero o Cariño tiña as ocasións mais claras de gol, aínda que sen acerto. O Numancia non se escondía, e aproveitaba os erros na defensa visitante para levar perigo. Ós 13 minutos do encontró Damián aproveitaba un balón solto en tres cuartos de campo para empalmar unha preciosa volea que sorprendía o porteiro local Carlos e conseguía un autentico golazo para o Cariño, poñendo o 0 - 1 no marcador. Intentou o Numancia a igualada, pero sería o Cariño o que perdoaba mais goles antes de chegar ó descanso.

Na segunda metade o Numancia saiu a polo partido, e no minuto 1 da reanudación un corner votado por Jorge e rematado por Oli de testa o fondo da portería visitante, conseguindo o empate. Seguio o partido na mesma dinámica, continou errando o Cariño claras ocasións de gol ata que nun balón sen aparente perigo Perlero roubañe a cartetira a Carlos e Nilis remata en plancha a porta baleira, 1 - 2 a falta de 29 minutos. O Numancia foi a polo empate aínda que sen levar moito perigo, soamente con disparos lonxanos onde estivo moi acertado o porteiro visitante. O Cariño seguiu fallando mais ocasións claras, pero sería a falta de 15 minutos cando sentenciaría o encontro noutra xogada de contragolpe, onde Adrián encara nun man a man a Carlos, diblao e marca a porta valeira para conseguir o 1 - 3. Nos últimos minutos o partido volveuse un pouco bronco, sufrindo os dous equipos sendas expulsións, tan xustas coma tontas. Desta maneira rematou o encontró co resultado coñecido de 1 - 3.

En definitiva, bo partido de fútbol o que nos ofreceron hoxe ós dous equipos. Vitoria xusta para un bo equipo como o CD Cariño, un grupo de xogadores xóvenes axudado por algún veterán de calidade e comandado por un experimentado adestrador como Manolo Canto. Un equipo o que Numancia non foi quen de frear a súa velocidade no ataque, e non soubo sacar partido do seu punto débil, a defensa. En consecuencia, os 3 puntos viaxan cara Ortegal, facendo líder o equipo visitante.

A vindeira semana o Numancia visitará o difícil campo do Misael Prieto para enfrontarse a un Meirás CF que vai de menos a mais na tempada. Un compricado encontro no que os numantinos necesitan o apoio da fiel aficción para esquecer esta derrota, conseguir unha victoria e non despegarse da parte alta da clasificación.

¡¡Vémonos todos o vindeiro domingo en Meirás¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.